Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Na política, o independentismo é a opción política que defende a liberación dun pobo ou nación mediante a creación dun estado propio que salvagarde a súa identidade, cultura, sociedade e intereses económicos.
A ONU recoñece o dereito a independizarse a partir do principio de autodeterminación. Segundo algunhas interpretacións da Carta das Nacións Unidas, só os pobos internacionalmente considerados como colonizados poden acollerse a tal dereito, aínda que a propia carta recoñece o carácter universal dese dereito. No século XX numerosas nacións europeas lograron a independencia sen se atoparen nesta situación, como é o caso de Noruega, as repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania ou Irlanda, entre outras.
Na historia contemporánea, o independentismo amósase como a causa maioritaria de formación de estados novos, motivando que no século XX e xa no século XXI o número de estados soberanos non cesase de medrar.