Infertilidade | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
ICD-10 | N46, N97.0 |
ICD-9 | 606, 628 |
OMIM | 138900 |
DiseasesDB | 21627 |
MedlinePlus | 001191 |
eMedicine | med/3535 med/1167 |
MeSH | D007246 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A infertilidade é a incapacidade dunha persoa, animal ou planta de reproducirse por medios naturais. Nos seres humanos, a infertilidade pode describir a unha muller que non é quen de concibir ou que non é quen de levar o embarazo a bo termo. Existen varias causas biolóxicas, algunhas das cales poden ser solucionadas con intervención médica.[1] Os índices de infertilidade incrementaron nun 4% dende a década de 1980, principalmente relacionados con problemas de fecundidade polo incremento da idade.[2] Arredor do 40% dos problemas de infertilidade están causados polo home, outro 40% pola muller, e o 20% son o resultado de complicacións en ámbolos dous.[3]