Inglourious Basterds | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Inglourious Basterds |
Director | Quentin Tarantino |
Produtor | Lawrence Bender |
Guión | Quentin Tarantino |
Intérpretes | Brad Pitt Mélanie Laurent Christoph Waltz Michael Fassbender Eli Roth Daniel Brühl Diane Kruger Til Schweiger |
Fotografía | Robert Richardson |
Montaxe | Sally Menke |
Distribuidora | The Weinstein Company Universal Pictures |
Estrea | 2009 |
Duración | 153 minutos |
Orixe | Estados Unidos Alemaña |
Xénero | Bélico |
Orzamento | $70 000 000[1] |
Recadación | $321 500 000 |
Na rede | |
https://web.archive.org/web/20091213043412/http://inglouriousbasterds-movie.com/ | |
Inglourious Basterds é unha coprodución estadounidense-alemá de 2009 escrita e dirixida por Quentin Tarantino. Está protagonizado por Brad Pitt, Christoph Waltz, Diane Kruger, Michael Fassbender e Eli Roth. O filme conta unha historia alternativa de dous complots de asasinato dos líderes políticos da Alemaña nazi, un planeado por unha xudía francesa propietaria dun cinema, e outro por un equipo de soldados xudeu-americanos liderados polo Tenente Aldo Raine. O título do filme foi inspirado polo director Enzo G. Castellari, director de The Inglorious Bastards (1978).
Tarantino escribiu o guión en 1998 pero debatíase co final e preferiu atrasar a rodaxe para traballar no filme de dúas partes Kill Bill. Despois de dirixir Death Proof en 2007, Tarantino volveu ó traballo de Inglourious Basterds. Unha coprodución entre os Estados Unidos e Alemaña, a fotografía principal do filme comezou en outubro de 2008 e foi rodado en Alemaña e Francia cun orzamento de $75 millóns. Inglourious Basterds estreouse o 20 de maio de 2009, no 62º edición do festival de Cannes.