![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2021.) |
Os Istari (en singular Istar) son personaxes ficticios que forman parte do legendarium creado polo escritor británico J. R. R. Tolkien. Eran un grupo de maiar enviados á Terra Media polos Valar na Terceira Idade do Sol para axudar ás razas libres na súa loita contra Sauron. Chamados tamén Ithryn (en singular Ithron) na lingua sindarin, foron máis comunmente coñecidos como magos.