Mapa das universidades da Ivy League
Bandeiras dos membros da Ivy League no Wien Stadium de Columbia
A Ivy League ("Liga da Hedra"), tamén coñecida como The Ancient Eight ("As Oito Antigas")[ 1] [ 2] [ 3] é unha conferencia deportiva universitaria estadounidense que comprente oito universidades privadas do nordés do país. A expresión Ivy League adoita empregarse tamén fóra do contexto deportivo para referirse ás oito universidades de elite con connotacións de excelencia académica , selección nas admisións e elitismo social.[ 4] [ 5] [ 6] [ 7] [ 8] Os seus membros por orde alfabética son Universidade Brown , Universidade Columbia , Universidade Cornell , Dartmouth College , Universidade Harvard , Universidade de Pensilvania , Universidade Princeton e Universidade Yale .
Aínda que a expresión xa se empregaba en 1933, só se fixo oficial despois da formación da NCAA Division I en 1954.[ 9] Todos os membros agás Cornell fundáronse durante a época colonial , polo que están incluídas sete das nove universidades fundadas antes da Revolución Americana . As outras dúas, a Universidade Rutgers e o College of William & Mary , son institucións públicas.
Os centros da Ivy League vense como algunhas das universidades máis prestixiosas do mundo.[ 10] Todas están entre as dezasete primeiras da clasificación da U.S. News & World Report de 2020, catro delas entre as cinco primeiras.[ 11] U.S. News nomeou algunha delas como a mellor universidade do país todos os anos dende 2001.[ 12] Na clasificación global de 2020 da U.S. News & World Report , tres delas estaban entre as dez mellores universidades do mundo (Harvard primeira, Columbia sétima e Princeton oitava).[ 13] [ 14]
↑ "Around the Ivies: Ancient Eight History" . The Harvard Crimson.
↑ "The Beginning of the Ancient Eight" . The Cornell Daily Sun.
↑ "Modernizing the Ancient Eight" . Yale Daily News.
↑ "Princeton Campus Guide – Ivy League" . Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2010. Consultado o 26 de abril de 2007 .
↑ "The Benefits of the Ivy League – Crimson Education US" . www.crimsoneducation.org (en inglés ) . Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2022. Consultado o 7 de maio de 2020 .
↑ Vedder, Richard. "Does Attending Elite Colleges Make You Happy? Lessons From The Admissions Scandal" . Forbes (en inglés ) . Consultado o 7 de maio de 2020 .
↑ Gladwell, Malcolm. "Getting In" . The New Yorker (en inglés ) . Consultado o 7 de maio de 2020 .
↑ "Joint Ivy Statement on Admission Policies" . Princeton University Admission (en inglés ) . 2 de setembro de 2016. Consultado o 7 de maio de 2020 .
↑ "Ivy League History and Timeline" . Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2015 .
↑ "World's Best Colleges" . Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 3 de xullo de 2009 .
↑ "National University Rankings" . U.S. News & World Report . Consultado o 6 de decembro de 2019 .
↑ "U.S. News & World Report Historical Liberal Arts College and University Rankings" . Datasets . Andrew G. Reiter. Consultado o 26 de agosto de 2020 .
↑ "Archived copy" . Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2018. Consultado o 20 de novembro de 2018 .
↑ "Archived copy" . Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2018. Consultado o 20 de novembro de 2018 .