Jackie Brown | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Jackie Brown |
Director | Quentin Tarantino |
Produtor | Lawrence Bender |
Guión | Quentin Tarantino |
Baseado en | Rum Punch de Elmore Leonard |
Intérpretes | |
Fotografía | Guillermo Navarro |
Montaxe | Sally Menke |
Estudio |
|
Distribuidora | Miramax Films |
Estrea | Ziegfeld Theatre: 8 de decembro de 1997 25 de decembro de 1997 |
Duración | 154 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Crime |
Orzamento | 12 millóns de dólares[2] |
Recadación | 74,7 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/jackie-brown | |
Jackie Brown é un filme estadounidense de 1997, escrito e dirixido por Quentin Tarantino. Está protagonizado por Pam Grier, Robert Forster, Robert De Niro, Samuel L. Jackson, Bridget Fonda, e Michael Keaton. Foi o terceiro filme de Tarantino despois do seu éxito con Reservoir Dogs (1992) e Pulp Fiction (1994).
Este filme está considerada como o filme de Blaxploitation de Tarantino, ao igual que Reservoir Dogs é o seu filme de atracos, Pulp Fiction a de cine negro, e Kill Bill a de artes marciais.
O filme foi moi criticada por algúns seguidores de Tarantino, xa que é un estilo moi diferente as súas dúas anteriores obras; esta conta unha historia non tan violenta, ten unha narración máis clásica e relaxada e o sangue non é tan abundante. Porén, foi ben recibida pola crítica especializada.
Está baseada na novela Rum Punch de Elmore Leonard. Tarantino extraeu os diálogos do libro case iguais (outra razón do desgusto dos seus fans: os diálogos teñen diferente estrutura).