James Clerk Maxwell |
|
Nacemento | 13 de xuño de 1831 Edimburgo (Reino Unido)
|
---|
Morte | 5 de novembro de 1879 (48 anos) Cambridge (Reino Unido)
|
---|
Causa da morte | cancro de estómago |
---|
Lugar de sepultura | Abadía de Westminster |
---|
Relixión | Socialismo cristão (pt) |
---|
Educación | Universidade de Edimburgo Trinity College Edinburgh Academy (en) Peterhouse (en) Universidade de Cambridge |
---|
Director de tese | William Hopkins |
---|
|
Campo de traballo | Física, mecánica, matemáticas, campo electromagnético, electricidade, magnetismo, fotografia colorida (pt) e Teoría cinética dos gases |
---|
Lugar de traballo | Aberdeen Cambridge |
---|
Ocupación | físico, profesor universitario, físico teórico, mestre, fotógrafo, matemático, inventor, thermodynamicist (en) |
---|
Período de actividade | 1860 - 1865 |
---|
Empregador | King's College de Londres Universidade de Aberdeen Universidade de Cambridge |
---|
Membro de | |
---|
Alumnos | Arthur Schuster (pt) , John Ambrose Fleming, John Henry Poynting e Richard Glazebrook (pt) |
---|
Influencias | |
---|
|
Obras destacables |
Doutorando | Horace Lamb (pt) e George Chrystal (pt) |
---|
|
Cónxuxe | Katherine Clerk Maxwel (1858–valor descoñecido) |
---|
Pais | John Clerk-Maxwell of Middlebie e Frances Cay |
---|
Parentes | Jemima Blackburn, curmá entregue |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Максвелл Джеймс Клерк) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
---|
|
James Clerk Maxwell nado o 13 de xuño de 1831 en Edimburgo e finado o 5 de novembro de 1879 en Cambridge foi un científico escocés[1][2] no campo da física matemática.[3] O seu logro máis notable foi a formulación da teoría clásica da radiación electromagnética, que reúne por primeira vez a electricidade, o magnetismo e a luz como manifestacións dun mesmo fenómeno. Desde ese momento, todas as outras leis e ecuacións clásicas destas disciplinas convertéronse en casos simplificados das ecuacións de Maxwell. As ecuacións de Maxwell formuladas para o electromagnetismo chamáronse a "segunda gran unificación en física"[4] logo da primeira realizada por Isaac Newton.
Coa publicación de A Dynamical Theory of the Electromagnetic Field en 1865, demostrou que os campos magnético e eléctrico atravesan o espazo, en forma de ondas á velocidade da luz, tamén defendeu que a luz é unha forma de radiación electromagnética. Maxwell propuxo que a luz é unha ondulación no mesmo medio que é a causa dos fenómenos eléctricos e magnéticos.[5] A unificación da luz e os fenómenos eléctricos conduciu á predición da existencia das ondas de radio.
Maxwell é considerado por moitos, especialmente por aqueles que traballan no campo da física, como o científico do século XIX que máis influíu na física do século XX. Moitos consideran que as súas achegas á física son da mesma magnitude que as de Isaac Newton e Albert Einstein.[6] Ao final da enquisa do milenio, unha enquisa que pretende facer unha lista dos 100 físicos máis relevantes da historia, Maxwell foi votado como o terceiro físico máis grande de todos os tempos, só detrás de Newton e Einstein.[7] No centenario do nacemento de Maxwell, o mesmo Einstein describiu o traballo de Maxwell como a obra "máis profunda e máis frutífera que a física experimentou desde a época de Newton."[8] Einstein mantivo unha a fotografía de Maxwell na parede do seu estudo, xunto a fotografías de Michael Faraday e Newton.[9]
[Os traballos de Maxwell son] ... o máis profundo e proveitoso que experimentou a física desde os tempos de
Newton.
- ↑ UK Parliament (ed.). "Early day motion 2048" (en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015.
- ↑ The Science Museum (ed.). "James Clerk Maxwell". Londres. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2013. Consultado o 7 de novembro do 2015.
- ↑ University of St Andrews (ed.). "Topology and Scottish mathematical physics" (en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015.
- ↑ Nahin, P.J. (1992). "Maxwell's grand unification". Spectrum, IEEE 29 (3): 45. doi:10.1109/6.123329.
- ↑ Maxwell, James Clerk (1865). "A dynamical theory of the electromagnetic field" (PDF). Philosophical Transactions of the Royal Society of London 155: 459–512. Bibcode:1865RSPT..155..459C. doi:10.1098/rstl.1865.0008. (Este artigo forma parte da presentación de Maxwell á Real Sociedade o 8 de decembro 1864.)
- ↑ Tolstoy, Ivan (1981). James Clerk Maxwell: A Biography. Edinburgo: Cannongate. pp. 12. ISBN 086241010X.
- ↑ bbc.co.uk, ed. (29-11-1999). "Einstein the greatest" (en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015.
- ↑ McFall, Patrick.
"Brainy young James wasn't so daft after all". The Sunday Post, 23 de abril de 2006
- ↑ Robyn Arianrhod. "Einstein's Heroes: Imagining the World through the Language of Mathematics". UQP, revisat per Jane Gleeson-White. The Sydney Morning Herald, 10 de novembro de 2003.
- ↑ McFall, Patrick (23 de abril do 2006). D.C. Thomson & Co Ltd, ed. "Brainy young James wasn't so daft after all". The Sunday Post (en inglés). Consultado o 7 de novembro do 2015.