![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1933 ![]() Bryn Mawr, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 29 de xuño de 1967 ![]() Slidell, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | accidente de tren accidente de tráfico ![]() |
Lugar de sepultura | Fairview Cemetery (en) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de Texas en Austin Universidade Metodista do Sur Universidade de California, Os Ánxeles Highland Park High School (en) ![]() ![]() |
Altura | 168 cm ![]() |
Peso | 58 kg ![]() |
Cor dos ollos | Castaño ![]() |
Cor do pelo | Louro ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz de televisión, actriz de teatro, Playmate, cantante ![]() |
Período de actividade | 1954 ![]() |
Xénero artístico | Música country ![]() |
Instrumento | Guitarra ![]() |
Selo discográfico | 20th Century Fox Records (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Matt Cimber (1964–1966) Mickey Hargitay (1958–1964) ![]() |
Fillos | Jayne Marie Mansfield ( ![]() Zoltan Hargitay ( ![]() Mariska Hargitay ( ![]() ![]() |
Pais | Herbert William Palmer ![]() ![]() |
Premios | |
Sitio web | jaynemansfield.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Vera Jayne Palmer, nada en Bryn Mawr o 19 de abril de 1933 e finada en Eastern New Orleans o 29 de xuño de 1967, foi unha actriz estadounidense de cinema, teatro e televisión coñecida como Jayne Mansfield. Foi tamén animadora de clubs nocturnos e cantante e unha das primeiras Playmates de Playboy. Foi un importante símbolo sexual de Hollywood durante as décadas de 1950 e 1960 cun contrato con 20th Century Fox. Tamén foi célebre pola súa publicitada vida privada e as súas montaxes públicas, como os "fallos de vestiario".
A carreira de Mansfield no cinema foi breve, mais tivo varios éxitos de recadación e gañou un Theatre World Award e un Globo de Ouro. Gozou de éxito no papel da actriz ficticia Rita Marlowe, tanto na versión de Broadway de 1955–1956 como na versión cinematográfica de 1957 de Will Success Spoil Rock Hunter? Outras interpretacións importantes foron en The Girl Can't Help It (1956), The Wayward Bus (1957) e Too Hot to Handle (1960). Foi a primeira actriz estadounidense importante de Hollywood que realizou unha escena espida, en Promises! Promises! (1963).
Mansfield tomou o seu nome artístico do seu primeiro marido, o relacións públicas Paul Mansfield. Estivo casada e divorciouse tres veces e tivo cinco fillos. Presuntamente tivo relacións con numerosos homes, incluídos Robert e John F. Kennedy, o seu avogado Samuel S. Brody e o animador de Las Vegas Nelson Sardelli. O 29 de xuño de 1967, faleceu nun accidente de tráfico en Eastern New Orleans aos 34 anos.[1][2][3]
Born Vera Jayne Palmer in Bryn Mawr, Pa., April 19, 1933, Miss Mansfield grew up in Phillipsburg, N.J.,