Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de xullo de 1803 Färnebo, Suecia |
Morte | 8 de marzo de 1889 (85 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Östra kyrkogården (en) Filipstad (pt) 59°42′32″N 14°10′40″L / 59.7088331, 14.1776669 |
Grupo étnico | Sueco-estadounidense |
Relixión | Agnosticismo |
Altura | 179,07 cm |
Actividade | |
Campo de traballo | Enxeñaría mecánica |
Ocupación | enxeñeiro, enxeñeiro mecánico, inventor, militar, enxeñeiro ferroviario |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Amelia Jane Byam |
Fillos | Hjalmar Elworth |
Pai | Olof Ericsson |
Irmáns | Nils Ericson Anna Carolina Ericsson |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography Svenskt biografiskt handlexikon (en) Nordisk familjebok |
John Ericsson, (31 de xullo de 1803 - 8 de marzo 1889) foi un enxeñeiro e inventor sueco, nado na cidade de Långbanshyttan, na provincia de Värmland.
Á idade de 13 anos participou na construción da canle de Göta (Suecia). Traballou no desenvolvemento do motor de vapor trasladándose ao Reino Unido para difundir as súas innovacións. En 1829, construíu un motor revolucionario que se colocou na locomotora Novelty. Viaxou posteriormente a Estados Unidos onde deseñou a fragata USS Princeton, na que instalou un motor de hélice creado por el mesmo. Durante a Guerra Civil Estadounidense aportou á beira nordista estadounidense o buque de guerra acoirazado USS Monitor, equipado cunha torre de canóns xiratoria. Este buque venceu ao acoirazado da escuadra sudista CSS Merrimac en 1862. O Monitor daría nome a todas as naves do seu tipo.