Nome orixinal | (en) John Baldwin |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) John Richard Baldwin 3 de xaneiro de 1946 (78 anos) Sidcup, Reino Unido (en) |
Outros nomes | John Paul Jones John Train |
Actividade | |
Ocupación | compositor, guitarrista, compositor de cancións, baixista, intérprete de banxo, produtor musical |
Período de actividade | 1961 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock e Soul |
Instrumento | Baixo, Frauta doce, Mandolina, guitarra e baixo |
Selo discográfico | Atlantic Records Discipline Global Mobile (pt) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | johnpauljones.com |
|
John Paul Jones é un músico británico nado co nome de John Baldwin o 3 de xaneiro de 1946 en Sidcup, Inglaterra, coñecido principalmente por ser integrante do grupo Led Zeppelin.
En 1960 con 14 anos formou parte dun grupo de danza do seu pai, Joe Baldwin, e un ano máis tarde creou a súa propia banda.
Nos anos 60 comezou a ser director e arranxador doutros grupos, así como pianista e baixista, incluíndo entre estes aos Outlaws, Mickey Most, the Mindbenders, the Everly Brothers, The Supremes, Rolling Stones, Jeff Beck, Donovan, entre outros.
É considerado como un dos máis influentes baixistas de rock da historia, destaca tamén a súa gran habilidade como pianista e teclista.