![]() (2013) ![]() | |
Nome orixinal | (en) Khaled Hosseini (fa) خالد حسینی ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de marzo de 1965 ![]() Cabul, Afganistán ![]() |
Relixión | Islam ![]() |
Educación | Universidade de California en San Diego Independence High School (en) ![]() Universidade de Santa Clara (pt) ![]() UC San Diego School of Medicine (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Afganistán ![]() |
Ocupación | médico, escritor médico, médico escritor, novelista, escritor ![]() |
Período de actividade | 2003 ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | khaledhosseini.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Khaled Hosseini (en persa: خالد حسینی), nado en Cabul, Afganistán, o 4 de marzo de 1965, é un médico e escritor afgán en lingua inglesa.[1][2] Despois de graduarse, traballou como doutor en California, unha situación que el comparou "cun matrimonio arranxado".[3] Publicou tres novelas, sendo a máis salientable a primeira, O cazador de papaventos, publicada en 2003. Tódalas súas obras están ambientadas, polo menos en parte, en Afganistán e teñen a un afgán como protagonista. Despois do éxito de O cazador de papaventos retirouse do eido da medicina para dedicarse a escribir.
As súas tres novelas convertéronse en bestsellers: O cazador de papaventos (2003) estivo 101 semanas na lista de mellor vendidos de The New York Times, catro delas no número un.[4] Un milleiro de soles espléndidos (2007) estivo nesa lista durante 103 semanas, 15 delas no número un.[5][6] And the Mountains Echoed (2013) debutou preto do máis alto na lista de Times[7] e permaneceu alí durante 33 semanas, até xaneiro de 2014.[8]