Kiss en 2013 (da esquerda á dereita): Gene Simmons, Paul Stanley, Eric Singer e Tommy Thayer. | |
Orixe | Nova York, Estados Unidos |
Período | 1972 - actualidade |
Xénero(s) | heavy metal, hard rock, glam metal |
Selo(s) discográfico(s) | Casablanca, Mercury, Sanctuary, Columbia |
Membros | Paul Stanley Gene Simmons Eric Singer Tommy Thayer |
Antigos membros | Ace Frehley Peter Criss Bruce Kulick Eric Carr Vinnie Vincent Mark St. John |
Na rede | |
http://www.kissonline.com/ | |
Kiss é un grupo musical estadounidense formado no ano 1973. A súa primeira formación foi Gene Simmons (voz e baixo), Paul Stanley (voz e guitarra rítmica), Ace Frehley (voz e guitarra) e Peter Criss (voz e batería). Na actualidade está formado por Paul Stanley, Gene Simmons, Tommy Thayer e Eric Singer.
Inconfundibles pola maquillaxe que usan en escena, o grupo acadou a fama a mediados-finais dos anos 70 grazas aos seus elaborados directos. Kiss leva vendidos ao redor de 19 millóns de discos nos Estados Unidos, e as súas vendas en todo o mundo superan os 85 millóns.