Kosovo

Modelo:Xeografía políticaKosovo
Republika e Kosovës (sq)
Република Косово (sr-cyrl)
Republika Kosovo (sr-latn) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoEuropa (11 de agosto de 2008) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°33′N 20°50′L / 42.55, 20.83
Territorio reivindicado porProvíncia Autônoma de Kosovo e Metohija (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CapitalPristina Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.586.659 (2024) Editar o valor en Wikidata (145,44 hab./km²)
Número de fogares353.702 (2024) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua albanesa
lingua serbia Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie10.909,02992 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoGjeravica (2.656 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación17 de febreiro de 2008 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria Editar o valor en Wikidata
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor en WikidataVjosa Osmani (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoverno do Kosovo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro-ministro (pt) Traducir Editar o valor en WikidataAlbin Kurti (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia do Kosovo (pt) Traducir , (Escano: 120) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal9.412.034.299 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedaeuro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivelsen valor Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+383 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísXK e sen valor Editar o valor en Wikidata

Sitio webrks-gov.net Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4575593

Kosovo[1][2] (en albanés, Kosova ou Kosovë; en serbio, Косово), oficialmente República de Kosovo (en albanés, Republika e Kosovës; en serbio, Република Косово), é un estado parcialmente recoñecido situado no centro da península dos Balcáns, ao sueste de Europa. Kosovo declarou unilateralmente a súa independencia de Serbia o 17 de febreiro de 2008,[3] e dende entón, obtivo o recoñecemento diplomático como estado soberano por parte de 101 estados membros da ONU. Limita con Serbia ao norte e ao leste, con Macedonia do Norte ao sueste, con Albania ao suroeste e con Montenegro ao noroeste. Abrangue unha superficie de 10 980 km2 e posúe unha poboación estimada de 1 806 279 (2022). A súa capital e cidade máis poboada é Pristina,[4] seguida por Prizren e Ferizaj.

Na antigüidade, a tribo central que xurdiu no territorio de Kosovo foi a dos dárdanos, que formaron un sistema político independente coñecido como o Reino de Dardania no século -IV. O Imperio Romano anexionouno no século -I, e durante o seguinte milenio o territorio seguiu formando parte do Imperio Bizantino, cuxo dominio viuse alterado polas invasións eslavas a partir do século VI-VII. Nos posteriores séculos, o control da zona alternouse entre os bizantinos e o Primeiro Imperio Búlgaro. No século XIII, Kosovo converteuse no núcleo do estado medieval serbio, sendo tamén a sede da Igrexa Ortodoxa Serbia dende o século XIV, cando o seu status foi elevado a patriarcado.[5] A expansión otomá nos Balcáns a finais do século XIV e XV provocou o declive e a caída do Imperio Serbio; a batalla de Kosovo de 1389 considerase un dos momentos decisivos na historia medieval serbia. Os otománs conquistaron totalmente a rexión trala Segunda batalla de Kosovo. O Imperio Otomán gobernou a zona durante case cinco séculos, ata 1912.

Despois da primeira guerra balcánica (1912-1913) Kosovo integrouse no Reino de Serbia. A constitución de Iugoslavia, fundada despois da primeira guerra mundial, recoñeceu á provincia Autónoma Socialista de Kosovo e Metohija (en serbio: Аутономна Покрајина Косово и Метохија, Autonomna Pokrajina Kosovo i Metohija) dentro da República Iugoslava de Serbia.

As longas tensións étnicas entre os albaneses de Kosovo (un 88% da poboación segundo datos de 2003) e as poboacións serbias deixaron un Kosovo etnicamente dividido, o que deu lugar a episodios de violencia interétnica, incluíndo a guerra de Kosovo de 1999. Esta guerra rematou coa aceptación por parte da República Federal de Iugoslavia de dar fin ao exercicio da súa soberanía á espera dunha resolución sobre o estatuto final. En virtude da resolución 1244 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, o goberno pasou ás mans da ONU coa administración da MINUK.

A primeira declaración da independencia da República de Kosovo tivo lugar en 1990, pero non foi recoñecida, agás por Albania. O 17 de febreiro de 2008 a República de Kosovo declarou unilateralmente a súa independencia como Estado propio. A República mantén o control sobre a maioría do territorio, excepto zonas como Kosovo do Norte, o maior enclave serbio baixo control das institucións da República de Serbia (ou outras estruturas paralelas subvencionadas polo goberno serbio). A República de Kosovo está recoñecida por 98 estados membros das Nacións Unidas, entre eles os Estados Unidos, Xapón e até 22 membros da Unión Europea. Serbia, ademais doutros Estados, non recoñece a secesión kosovar e considera ao territorio unha entidade gobernada pola ONU dentro da súa soberanía, malia declarar a Corte Internacional de Xustiza que a conversión en Estado de Kosovo non vulnera a legalidade internacional.

  1. González González, Manuel (ed.). "Albanés". Tergal. Consultado o 11/01/2025. 
  2. SANTA MARÍA OTERO, Inés; MASSÓ LAGO, Noé. Edicións do Cumio, ed. Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do mundo. ISBN 9788482893280. 
  3. "ACCORDANCE WITH INTERNATIONAL LAW OF THE UNILATERAL DECLARATION OF INDEPENDENCE IN RESPECT OF KOSOVO" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  4. "Pristina". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1701. 
  5. EBERHARDT, Piotr. Ethnic Groups and Population Changes in Twentieth-Century Central-Eastern Europe (en inglés). ISBN 9780765618337. 

Kosovo

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne