Dame Kristin Ann Scott Thomas,[1] nada en Redruth o 24 de maio de 1960 é unha actriz británica.[2] Cinco veces candidata ao premio BAFTA e cinco veces ao Laurence Olivier Award, gañou ambos nunca ocasión. Foi tamén candidata ao Oscar á mellor actriz secundaria por O paciente inglés (1996).
Scott Thomas debutou en Under the Cherry Moon (1986), dirixido por Prince,[3] e gañou o Evening Standard Film Award á mellor promesa por A Handful of Dust (1988). Traballou no cinema de Francia, incluíndo The Valet (2006), Ne le dis à personne (2007), Leaving (2009), Love Crime (2010) e Elle s'appelait Sarah (2010), e gañou o premio do Cinema Europeo por Il y a longtemps que je t'aime (2008).