La Voz de Galicia | |
---|---|
Portada do 30 de xuño de 1901. | |
Tipo | información xeral |
Cor | cor e branco e negro |
Fundación | 4 de xaneiro de 1882 (142 anos) |
Empresa editora | La Voz de Galicia, S.A. |
Propietario | Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre |
Director | Xosé Luis Vilela |
Fundador | Juan Fernández Latorre |
Editor | Lois Blanco |
Tendencia | conservadorismo, rexionalismo galego |
Lingua | castelán[1] |
Localidade | A Coruña |
Ámbito | nacional (Galiza) |
Impresión | Sabón, Arteixo |
Periodicidade | diaria |
Prezo | 1,50€ durante a semana |
Seccións | España, Mundo, Comarcal, Opinión, Deportes, Cultura, Tecnoloxía, Xente, Galicia |
ISSN | 1888-5160 |
Na rede | |
http://www.lavozdegalicia.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre.[2] É a cabeceira hexemónica en Galicia co 63% da cota do mercado.[3] La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal e converteuse no terceiro diario de información xeral de España tanto en difusión como en audiencia con 395.000 lectores no estado, segundo datos da segunda onda do Estudio General de Medios de 2024.[4] A propiedade da empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, mantívose sempre nas mans da mesma familia ata a morte do seu accionista maioritario e único Santiago Rey Fernández-Latorre, neto de Juan Fernández Latorre, momento no que pasou á Fundación Santiago Rey Fernandez-Latorre.[5]