Las Vegas (en) | |||||
Alcume | Sin City e The Entertainment Capital of the WorldSin City | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nevada | ||||
County of Nevada (en) | condado de Clark (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 641.903 (2020) (1.843,66 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 237.308 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Las Vegas Valley (pt) (Poboación:2.265.461) | ||||
Superficie | 348,16824 km² | ||||
Auga | 0,0381 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 610 m | ||||
Creación | 15 de maio de 1905 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Las Vegas (en) | Shelley Berkley (2024–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 89044–89199, 89044, 89046, 89049, 89052, 89055, 89058, 89061, 89064, 89067, 89075, 89070, 89073, 89079, 89082, 89084, 89088, 89092, 89094, 89096, 89097, 89102, 89105, 89109, 89112, 89115, 89117, 89119, 89121, 89122, 89124, 89128, 89129, 89133, 89136, 89139, 89142, 89145, 89148, 89151, 89154, 89157, 89159, 89162, 89164, 89166, 89171, 89172, 89173, 89167, 89169, 89174, 89177, 89182, 89185, 89187, 89188, 89189, 89191, 89193, 89195 e 89198 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 702 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | lasvegasnevada.gov | ||||
Las Vegas (en inglés pronunciado [lɑːs ˈveɪɡəs]) é a maior das cidades do estado de Nevada nos Estados Unidos de América, así como a maior cidade fundada no século XX. Converteuse nun dos principais destinos turísticos do país grazas ás súas zonas comerciais e de vacacións, pero sobre todo grazas ós seus casinos. De acordo co censo de 2000 a cidade tiña unha poboación de 478.434 habitantes. A oficina do censo estima unha poboación de 518.313 habitantes en 2003. Las Vegas foi a capital do condado de Clark desde o nacemento deste en 1909. Estudos recentes (ano 2005) cifran a poboación da área metropolitana en torno a 1 950 000 persoas. Calcúlase que é habitual que haxa en torno á mesma cifra de turistas durante a tempada de vacacións que de habitantes: xa sexa por viaxes de estadounidenses que van pasar unha fin de semana ou polo turismo mundial.
O nome de Las Vegas aplícase frecuentemente ás áreas do condado de Clark que rodean a cidade, especialmente as áreas residenciais situadas dentro ou preto de Las Vegas Strip. A maior parte dos 7,25 quilómetros de Las Vegas Boulevard están situados fóra dos límites da cidade de Las Vegas, concretamente na area do condado chamado Paradise. Las Vegas é coñecida en ocasións como a "Cidade do pecado" (en inglés: Sin City) debido á popularidade do xogo e apostas legais, a dispoñibilidade de bebidas alcohólicas a calquera hora do día (como en toda Nevada), ou a legalidade da prostitución nos condados veciños (as leis de Nevada prohiben a prostitución nos condados de máis de 400.000 habitantes). O goberno local e os promotores turísticos da cidade prefiren o alcume de "o que pasou en Las Vegas, quedou en Las Vegas". A imaxe glamurosa da cidade fíxoa escenario de diversas películas e series televisivas.