LibraryThing | |
---|---|
Tipo | sitio web, catálogo de biblioteca e aplicación de catalogación social |
Data de fundación | 29 de agosto de 2005 |
Fundador(es) | Tim Spalding |
Sede | Portland |
Na rede | |
https://librarything.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
LibraryThing é unha aplicación web de catalogación social para almacenar e compartir listaxes de libros coa fin de establecer un catálogo ordenado e etiquetado[1] que permite as valoracións e os comentarios e que posibilita conectarse con xente con gustos semellantes[2], destínase tanto a particulares como a autores, bibliotecas e editoriais. Desenvolvida polo estadounidense Tim Spalding, subiuna por vez primeira a Internet de forma pública o 29 de agosto de 2005[3]. En maio de 2006 AbeBooks mercou o 40% da compañía, que dous anos despois adquiriu Amazon. Desde o ano 2009 Cambridge Information Group ten unha participación minoritaria e Booker é o distribuídor mundial dos produtos LibraryThing para as bibliotecas[4]. En xullo de 2013 tiña máis de 1 700 000 usuarios rexistrados e máis de 83 000 000 de libros catalogados[5].