Liliaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lilium henryi. | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
As Liliáceas (Liliaceae Juss.) son unha familia de plantas perennes, herbáceas, con frecuencia bulbosas, pertencente á orde Liliales das monocotiledóneas. Posúe preto de 16 xéneros e 600 especies. As Liliáceas poden ser recoñecidas polas súas flores bastante grandes cun perigonio formado por 6 tépalos libres, frecuentemente coloreados e con pintas, 6 estames extrorsos e un ovario súpero, tricarpelar e trilocular. Áchanse amplamente distribuídas por todo o mundo, principalmente en rexións temperadas do Hemisferio Norte.[2]