Lingua grega

Lingua grega
Ελληνικά
Falado en: Grecia, Chipre
Total de falantes: 13,5 millóns (2012)[1]
Posición: 74
Familia: Indoeuropea
 Helénica
  Ática
   Lingua grega
Escrita: Alfabeto grego
Status oficial
Lingua oficial de: Grecia Grecia
Chipre Chipre
Unión Europea Unión Europea
Regulado por: Academia da Lingua Grega
Códigos de lingua
ISO 639-1: el
ISO 639-2: gre (B)ell (T)
ISO 639-3: ell
SIL: GRK
Mapa
Status

O grego está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua grega[3] (en grego moderno: ελληνικά, elliniká, e en grego antigo: Ἑλληνική, hellēnikḗ) é unha lingua indoeuropea pertencente á póla helénica orixinaria de Grecia, Chipre, Albania, outras partes do leste do mar Mediterráneo e o mar Negro. Ten a historia documentada máis longa de calquera lingua indoeuropea, a cal abrangue 3 400 anos de rexistro escrito.[4] O seu sistema de escrita é o alfabeto grego, que foi usado durante 2 000 anos; anteriormente, utilizou sistemas de escrita como o lineal B e o silabario chipriota.[5] O alfabeto grego xurdiu do alfabeto fenicio, e á súa vez foi a base do alfabeto latino, cirílico, armenio, copto e gótico, entre outros sistemas de escrita.

A lingua grega ocupa un importante lugar na historia do mundo occidental.[6] Comezando cos poemas épicos de Homero, a literatura grega antiga inclúe moitas obras de importancia para o canon europeo. O grego tamén é a lingua de moitos textos fundacionais da ciencia e da filosofía. O Novo Testamento da Biblia cristiá tamén foi escrito en grego.[7][8] Xunto cos textos en latín e as tradicións do mundo romano, o estudo dos textos e da sociedade grega da antigüidade constitúen a disciplina dos estudos clásicos.

Durante a antigüidade, o grego era falado como lingua franca no mundo Mediterráneo. Posteriormente converteríase na lingua do Imperio Bizantino e evolucionou no grego medieval.[9] Na súa forma moderna, o grego é a lingua oficial de Grecia e Chipre, e é unha das 24 linguas oficiais da Unión Europea. É falado por, cando menos, 13,5 millóns de persoas en Grecia, Chipre, Italia, Albania, Turquía e pola diáspora grega.

As raíces lingüísticas gregas son empregadas a miúdo para crear novas palabras noutras linguas, e o grego e o latín son as fontes predominantes para o vocabulario científico internacional.

  1. ethnologue.com (ed.). "O grego en Ethnologue". Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para grego.
  4. "Greek language". Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica, Inc. Consultado o 29 de abril de 2014. 
  5. 1922-, Adrados, Francisco Rodríguez (2005). A history of the Greek language : from its origins to the present. Leiden: Brill. ISBN 978-90-04-12835-4. OCLC 59712402. 
  6. A history of ancient Greek por Maria Chritē, Maria Arapopoulou, Centre for the Greek Language (Thessalonikē, Grecia) páx 436 ISBN 0-521-83307-8
  7. Kurt Aland, Barbara Aland The text of the New Testament: an introduction to the critical 1995 p52
  8. Archibald Macbride Hunter Introducing the New Testament 1972 p9
  9. Manuel, Germaine Catherine (1989). A study of the preservation of the classical tradition in the education, language, and literature of the Byzantine Empire. HVD ALEPH. 

Lingua grega

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne