Hebreo עברית (ʿIvrit) | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [(ʔ)ivˈʁit] - [(ʔ)ivˈɾit] | |
Falado en: | Israel, Cisxordania e Franxa de Gaza[1] usado globalmente como lingua litúrxica polo xudaísmo | |
Total de falantes: | Revivida a finais do século XIX: 9 millóns de falantes de hebreo moderno, dos cales 5 millóns son falantes nativos(2017)[2] | |
Familia: | Afroasiática Semítica Semítica central Semítica noroeste Cananea Hebreo | |
Escrita: | Alfabeto hebreo Braille hebreo | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Israel (como hebreo moderno)[3] Polonia (Recoñecida como lingua minoritaria)[4] Suráfrica[5] | |
Regulado por: | Academia da Lingua Hebrea האקדמיה ללשון העברית (HaAkademia LaLashon HaʿIvrit) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | he
| |
ISO 639-2: | heb
| |
Mapa | ||
Status | ||
O hebreo[7] ou hebraico[8][9] (en hebreo: עִבְרִית ʿIvrit) é unha lingua semítica da familia lingüística afroasiática. Historicamente, é a lingua dos israelitas e dos seus antergos, malia que a lingua non aparece co nome de hebreo no Tanakh. No Tanakh (Biblia xudía), a lingua é chamada "yehudit" (a lingua de Xudá) ou "səpaṯ kəna‘an" (a lingua de Canaan). Os exemplos máis antigos de paleohebreo datan do século -X, na forma de debuxos primitivos, mais "a cuestión da lingua usada na inscrición queda sen responder, facendo imposible probar que era hebreo e non outra lingua local".[10]
O hebreo deixou de ser unha lingua falada nalgún momento entre os séculos I e IV[11] e sobreviviu no período medieval só como lingua litúrxica e da literatura dos rabinos. Porén, no século XIX, foi revivida como lingua falada e da literatura, e segundo Ethnologue, hoxe é a lingua de 9 millóns de persoas en todo o mundo,[12][13] dos cales 7 millóns son de Israel.[14] Nos Estados Unidos está a segunda maior poboación hebreo falante, con 221.593 falantes fluídos,[15] a maioría procedentes de Israel.
O hebreo moderno é unha das dúas linguas oficiais de Israel (a outra é o árabe), mentres que o hebreo bíblico é usado para a oración e estudo polas comunidades xudías de todo o mundo. O hebreo antigo é aínda hoxe a lingua litúrxica dos samaritanos, mentres que o hebreo ou árabe modernos é a lingua vernácula. Como lingua estranxeira, é estudada por estudantes de xudaísmo e por arqueólogos e lingüistas especializados no Oriente Medio e as súas civilizacións, así como por teólogos.
A Torah (os primeiros cinco libros da Biblia hebrea), está escrita en hebreo bíblico, lingua da cal deriva a moderna, e que os estudosos cren floreceu no século -VI, na era do exilio babilonio. Por este motivo, o hebreo é chamado polos xudeus Leshon HaKodesh (לְשׁוֹן הַקֹּדֶשׁ), "A lingua sagrada", dende tempos antigos.
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome israel-hayom-hebrew-speakers
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome ucl.ac.uk