Lingua saami de Akkala | ||
---|---|---|
Falado en: | Rusia | |
Rexións: | Suroeste da península de Kola | |
Total de falantes: | Extinta (2003) | |
Familia: | Linguas urálicas Linguas saamis Linguas saamis orientais Lingua saami de Akkala | |
Escrita: | Cirílico | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | sia | |
ISO 639-3: | sia
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua saami de Akkala é unha lingua saami extinta que se falaba nas vilas saami de Ákkel e Čúkksuâl, na península de Kola, en Rusia. Foi consideraba erroneamente como un dialecto do saami de Kildin, mais recentemente foi recoñecida como unha lingua saami de seu, moi relacionada coa veciña lingua saami de Skolt.
O 29 de decembro de 2003 morreu Marja Sergina, a derradeira falante nativa de saami de Akkala.[1][2] Porén, hai cando menos dúas persoas, ámbalas dúas maiores de 70 anos, que teñen algún coñecemento da lingua.[3]
Aínda que existen descricións fonolóxicas e morfolóxicas da lingua, así como textos publicados e tamén gravacións de son,[3] o saami de Akkala é a menos documentada das linguas saamis.