Yiddish ייִדיש | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [ˈjɪdɪʃ] | |
Falado en: | ||
Rexións: | ||
Total de falantes: | 1 800 000 (est.) | |
Posición: | Non está entre as 100 primeiras | |
Familia: | Indoeuropeo Xermánica Xermánica occidental Yiddish | |
Escrita: | Baseada no alfabeto hebreo | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Oficial no Oblast Autónomo Hebreo | |
Regulado por: | YIVO (non oficial) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | yi
| |
ISO 639-2: | yid | |
ISO 639-3: | yid
| |
Mapa | ||
Variedades do yiddish | ||
Status | ||
O yiddish[2][3] é unha das linguas empregadas polo pobo xudeu. A súa orixe non está clara pero crese que saíu da fusión entre dialectos hebreos e linguas xermánicas. O yiddish, ao revés que o hebreo, foi amplamente usado pola poboación xudía asquenací para a vida diaria (o hebreo era reservado para a liturxia). Co renacemento da lingua hebrea a principios do século XX dentro dos movementos sionistas, o yiddish comezou a ser deixado de lado. Aínda que no estado de Israel as linguas oficiais son o hebreo e o árabe, o yiddish segue a ter o seu grupo de falantes hoxe en día.