Liverpool | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Liverpool Football Club | |||
Alcume(s) | The Reds | |||
Fundación | 15 de marzo de 1892 (132 anos) | |||
Estadio | Anfield, Liverpool Inglaterra | |||
Inauguración | 1910 | |||
Capacidade | 53.394 | |||
Presidente | Tom Werner | |||
Adestrador | Jürgen Klopp | |||
Liga | Premier League | |||
2020–21 | 3º | |||
Na rede | ||||
https://www.liverpoolfc.com/ | ||||
| ||||
O Liverpool Football Club, é un club de fútbol da Premier League inglesa da cidade homónima. É un dos clubs máis laureados do mundo gañando, entre outros, dezaoito títulos nacionais, os mesmos que os seus rivais do Manchester United, sete copas e cinco títulos da UEFA Champions League, máximo galardón a nivel europeo.
O eterno rival do Liverpool é o Manchester United, rivalidade que se remonta até 1897, cando os "Reds" golearon por 7-1 ao United para ascender á First Division. Non foi senón até a década de 1920 que estes enfrontamentos comezaron a adquirir a categoría de clásico. Outro clásico importante é o que disputan dende 1894 o Liverpool F.C. e o outro equipo da cidade, o Everton, nun partido que se coñece como o Derby de Merseyside. Cómpre sinalar que ambas escuadras, "Reds" e "Blues", contan cun importante número de seguidores na cidade portuaria, incluso entre os membros dunha mesma familia, polo cal este enfrontamento é tamén coñecido como "The Friendly Derby" (do inglés: o derby amigable). Outro dato curioso é a proximidade existente entre o estadio do Everton, o Goodison Park e o do Liverpool, Anfield.
O Liverpool forma parte de dúas das páxinas máis tráxicas da historia do fútbol europeo. O 29 de maio de 1985, en Bruxelas (Bélxica), trinta e nove persoas faleceron por culpa dos incidentes causados polos hooligan ingleses no estadio Heysel antes da final de Copa de Europa contra a Juventus de Torino (Italia), cando numerosos simpatizantes italianos se abalanzaron sobre unha parede de contención da tribuna dun sector do estadio para escapar da carga dalgúns hooligans seguidores do Liverpool, a parede cedeu e os seareiros caeron sobre a parte inferior da tribuna dende unha altura de 10 metros aproximadamente. O 15 de abril de 1989, en ocasión da semifinal da Copa de Inglaterra disputada en Sheffield, campo neutral, entre o Nottingham Forest e o Liverpool, noventa e seis persoas faleceron por mor dunha masa de xente que se abalanzou cara a reixa dun túnel que conducía ás tribunas, provocando a morte por esmagamento, como tamén algúns seareiros atrapados no túnel. O feito foi catalogado como a "Traxedia de Hillsborough".