(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Ella Marija Lani Yelich-O'Connor 7 de novembro de 1996 (28 anos) Takapuna, Nova Zelandia (en) |
Outros nomes | Lorde |
Residencia | Herne Bay (pt) |
Educación | Takapuna Grammar School (en) Belmont Intermediate School (en) Vauxhall School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música pop, pop rock e música popular |
Ocupación | cantautora, letrista, compositora, cantante |
Período de actividade | 2009 - |
Xénero artístico | Arte pop, Dream pop, electrónica e indie pop |
Tesitura | Mezzosoprano e alto (pt) |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Universal Music Group Lava Records Republic Records |
Familia | |
Nai | Sonja Yelich |
Premios | |
| |
Sitio web | lorde.co.nz |
Ella Maria Lani Yelich-O'Connor,[1] nada en Devonport, North Shore, Rexión de Auckland, Nova Zelandia, o 7 de novembro de 1996, máis coñecida polo seu nome artístico Lorde (ˈlɔrd),[2] é unha cantautora neozelandesa. O seu primeiro EP, The Love Club, foi lanzado o 22 de novembro de 2012, e o seu primeiro sinxelo, "Royals", debutou no número un do top corenta de Nova Zelandia, e tamén acadou o primeiro posto na Billboard Hot 100 por nove semanas en 2013, converténdose na primeira artista neozelandesa en conseguilo.
O seu álbum de estrea, Pure Heroine, foi estreado o 27 de setembro de 2013 e a finais dese mesmo ano foi nomeada ao Grammy en catro categorías,[3] gañando dous dos premios.