Maastrichtiano

O Maastrichtiano[1] é, na escala de tempo xeolóxica da Comision Internacional de Estratigrafía (ICS), a última idade (e o piso máis alto) do Cretáceo tardío (época) ou Cretáceo superior (serie), do período xeolóxico ou sistema do Cretáceo, correspondente á era ou eratema do Mesozoico. Abrangue o intervalo desde hai 72,1 a 66 millóns de anos. O Maastrichtiano foi precedido polo Campaniano e sucedido polo Daniano (xa parte do Paleoxeno, concretamente do Paleoceno).[2]

Ao final do Cretáceo houbo unha extinción en masa coñecida como extinción do Cretáceo-Paleoxeno, (antes coñecida como do Cretáceo-Terciario).[3] Nesta extinción desapareceron moitos grupos como os dinosauros non aviarios, plesiosauros e mosasauros, e outros moitos grupos menos coñecidos. A causa da extinción vincúlase xeralmente ao impacto contra a Terra dun asteroide duns 10 km de diámetro, que tivo lugar ao final do Cretáceo.

  1. Definición de maastrichtiano no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Ver a escala de tempo de Gradstein et al. (2004)
  3. O termo Terciario é agora desaconsellado como unidade xeolóxica formal pola ICS. Ogg, James G.; Gradstein, F. M; Gradstein, Felix M. (2004). A geologic time scale 2004. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 0-521-78142-6. }}

Maastrichtiano

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne