Marsupiais Marsupialia Rango fósil: cretáceo - actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Clados e Ordes | |||||||||||||||||||
|
Os marsupiais[1] (Marsupialia) ou metaterios (Metatheria) son unha infraclase de mamíferos terios caracterizados polo curto desenvolvemento do útero materno e completaren gran parte do desenvolvemento agarrados ás glándulas mamarias do interior da bolsa marsupial ou marsupio. Nalgunhas especies o marsupio é moi pequeno como para levar a todas as crías.[2]
Os marsupiais representan hoxe un pequeno grupo de mamíferos, unhas 270 especies actuais, das que unhas 70 viven en América e aproximadamente 200 en Australasia, onde constitúen a parte preponderante da fauna nativa de vertebrados terrestres.
Tras a desaparición dos dinosauros, as aves e os monotremas diversificáronse e as ratites e grupos afíns ocuparon o nicho ecolóxico dos herbívoros e o dos depredadores; en Suramérica, as aves da familia Phorusrhacidae, e en Europa e Norteamérica, durante o eoceno aves como Gastornis.