Martin Heidegger (1960) |
|
Nacemento | 26 de setembro de 1889 Meßkirch (Imperio Alemán)
|
---|
Morte | 26 de maio de 1976 (86 anos) Friburgo (Alemaña do Oeste)
|
---|
Causa da morte | doenza infecciosa |
---|
Lugar de sepultura | Meßkirch |
---|
Educación | Universidade de Freiburg im Breisgau - filosofía (–1916) Universidade de Freiburg im Breisgau - teoloxía, filosofía |
---|
Director de tese | Heinrich Rickert |
---|
|
Campo de traballo | Filosofía |
---|
Lugar de traballo | Marburgo Friburgo |
---|
Ocupación | filósofo, profesor universitario, poeta, deseñador de mobles |
---|
Empregador | Universidade de Freiburg im Breisgau (1928–1958) Universidade Philipps de Marburgo (1923–1928) Universidade de Freiburg im Breisgau (1915–1923) |
---|
Partido político | Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (1933–) |
---|
Membro de | |
---|
Movemento | Movimento Revolucionário Conservador (pt) |
---|
Profesores | Edmund Husserl, Heinrich Rickert e Carl Braig |
---|
Alumnos | Hannah Arendt, Carlos Astrada (en) , Günther Anders, Karl Löwith, Charles Malik, Ernst Nolte, Emmanuel Levinas, Karl Rahner, Jan Patočka, Alberto Wagner de Reyna (en) , Sigrid Hunke e Ernesto Mayz Vallenilla (pt) |
---|
Influencias | Edmund Husserl, Friedrich Nietzsche, Søren Kierkegaard, Heráclito de Éfeso, Anaximandro de Mileto, Parménides de Elea, Aristóteles, Platón, Tomé de Aquino, Duns Scoto, Immanuel Kant, Franz Brentano e Wilhelm Dilthey |
---|
|
Conflito | Primeira guerra mundial |
---|
|
Obras destacables |
Doutorando | Hans Jonas, Herbert Marcuse, Víctor Farías (pt) , Jacob Klein (pt) , Walter Bröcker, Hans-Georg Gadamer e Fernando Huidobro (en) |
---|
Arquivos en | |
---|
|
Cónxuxe | Elfride Heidegger |
---|
Fillos | Hermann Heidegger |
---|
Irmáns | Fritz Heidegger |
---|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хайдеггер Мартин) Dictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.) (en) , (sec:Heidegger, Martin (1889-1976)) Georgian Soviet Encyclopedia (en) , (vol:11, p.589) |
---|
|
Martin Heidegger, nado en Messkirch (Baden-Württemberg) o 26 de setembro de 1889 e finado en Friburgo o 26 de maio de 1976, foi un filósofo alemán. Esta considerado o pensador e o filósofo alemán máis importante do século XX.[1][2][3][4][5][6] Aínda que o seu traballo influíu sobre todo na Fenomenoloxía e na filosofía europea contemporánea, tivo igualmente influencia máis aló desta, en campos como a Arquitectura, a Crítica literaria, a Teoloxía e as ciencias cognitivas.[7]
Nos seus comezos foi discípulo de Edmund Husserl, estivo inmerso no proxecto fenomenolóxico do seu mestre e o seu interese centrouse rapidamente na pregunta polo sentido do ser. Esta pregunta guiará gran parte do seu pensamento e é con ocasión do seu intento de darlle unha "resposta" coa obra Ser e tempo, publicada en 1927, cando vai adquirir unha gran notoriedade internacional, incluso máis alá dos campos especificamente filosóficos.
Na década de 1930 ten lugar aquilo que se denominou o Xiro (en alemán, Die Kehre) da súa filosofía, coas súas obras Carta sobre o humanismo e Introdución á metafísica. Tratou así de preparar un novo camiño para o seu pensamento que se mantivera afastado da metafísica. Segundo Hans-Georg Gadamer, este termo acabou agrupando todas as proposicións contra as que Heidegger desenvolveu a súa filosofía.
A influencia de Heidegger na filosofía francesa foi particularmente notable. Isto déixase notar sobre todo en filósofos coma Jean-Paul Sartre, Jean Beaufret, Emmanuel Levinas, Jacques Derrida, Maurice Merleau-Ponty ou Michel Foucault.[a]
Así mesmo, Heidegger é un dos filósofos cuxa personalidade e obra xeraron máis controversia pola súa actitude durante os anos 1933 e 1934, mentres foi reitor da Universidade de Friburgo trala chegada de Adolf Hitler ao poder en 1933. Ademais de ser un dos principais intelectuais do movemento revolucionario conservador,[11][12][13][14][15] foi membro e seguidor do Partido Nazi,[16] aínda que existe controversia entre a concordancia da súa filosofía co nazismo.[17][18]
- ↑ Leyte, A. (2005). Heidegger. Madrid: Alianza Editorial, pp. 52-53.
- ↑ "With his transforming of Husserl’s transcendental phenomenology of consciousness into an interpretative inquiry into the ontological foundations of Western metaphysics, Heidegger launched an entire movement in philosophical thought that has made him the most influential philosopher of the 20th century." en: Kruger-Ross, M. (2015). Raising the Question of Being in Education by Way of Heidegger's Phenomenological Ontology, Indo-Pacific Journal of Phenomenology, 15(2), p. 7.
- ↑ "Martin Heidegger is now widely recognized as the most influential philosopher of the Twentieth Century." en: Thomson, I. (1999). The end of onto-theology: understanding Heidegger's turn, method, and politics.
- ↑ "Heidegger is certainly the most influential philosopher of our time." Rockmore, T. (1997). On Heidegger's Nazism and philosophy. University of California Press, p. 1.
- ↑ Feenberg, A. (2000). "From essentialism to constructivism: Philosophy of technology at the crossroads" en Technology and the Good Life? (Chicago: University of Chicago Press), pp. 294-315.
- ↑ ¿Por qué Heidegger es el filósofo más importante del Siglo XX? (En Youtube) Consultado el 7 de septiembre de 2019.
- ↑ Wheeler, Michael. "Martin Heidegger". Stanford Encyclopedia of Philsophy (en inglés). Consultado o 29 de xuño do 2021.
- ↑ "Heidegger, philosophie et politique" (en francés). Consultado o 22 de xullo de 2021.
- ↑ "The “Conservative Revolution” is a highly cultural current of thought that developed in Germany after 1918 in opposition to the Weimar Republic and that is characterized by a refusal of democracy and parliamentarianism. Although it dominated the cultural climate of Germany between 1918 and 1933, it was sharply divided into a multitude of factions. Armin Mohler counted more than 430 groups in a list that was by no means exhaustive. This current of thought brought together such diverse personalities as the writers Thomas Mann (in his earlier days), Stefan George, Gottfried Benn, Ernst von Salomon, and Ernst Jünger; the philosophers Oswald Spengler and Martin Heidegger" en: François, S., & Godwin, A. (2008). The Euro-Pagan Scene: Between Paganism and Radical Right. Journal for the Study of Radicalism, 1(2), p. 52.
- ↑ "D’ailleurs, Pierre-André Taguieff affirme que le recours à la philosophie de Martin Heidegger, qui se situait dans la mouvance révolutionnaire conservatrice, permit à Alain de Benoist à la fin des années soixante-dix, «une reformulation du néo-paganisme»." en François, S. (2005). Les paganismes de la Nouvelle Droite (1980-2004). Université du Droit et de la Santé - Lille II, p. 99.
- ↑ "[T]he most studied aspect of the impact of the war on philosophy: the development of a German "conservative revolution" and "reactionary modernism" during the 1920s and 1930s in the writings of Martin Heidegger and Carl Schmitt." en: De Warren, N. (2014). The first world war, philosophy, and Europe. Tijdschrift voor Filosofie, 76, p. 720.
- ↑ "In many ways, Heidegger was an exponent of the German "Conservative Revolution" against the theory and practice of liberal democracy during the Weimar Republic. Like most of the revolutionary conservatives, he rapidly became disillusioned with the Nazi regime, which had resulted from that revolution." en Romoser, G. K. (1967). Heidegger and Political Philosophy-Alexander Schwan: Politische Philosophic im Denken Heideggers. Vol. II of Ordo Politicus: Neue Freiburger Beiträge zur Politikwissenschaft.(Cologne and Opladen: Westdeutscher Verlag, 1965. Pp. 206. DM 28.). The Review of Politics, 29(2), p. 263.
- ↑ "(...) but Carl Schmitt, Martin Heidegger, and Ernst Jünger, the founding fathers of the German 'Conservative Revolution', and one-time fellow travellers of Nazism" en: Griffin, R. (2007). "Postscript: A Different Beginning?" en Modernism and Fascism (London: Palgrave Macmillan), pp. 365-369.
- ↑ Farin, Ingo; Malpas, Jeff, eds. (2016). Reading Heidegger's Black Notebooks 1931--1941 (en inglés). Cambridge, Massachusetts & Londres, Inglaterra: The MIT Press. ISBN 978-0262034012.
- ↑ Sharpe, Matthew (2 de outubro de 2018). "On Reading Heidegger—After the "Heidegger Case"?". Critical Horizons (en inglés) 19 (4): 334–360. ISSN 1440-9917. doi:10.1080/14409917.2018.1520514.
- ↑ Fried, Gregory, ed. (2020). Confronting Heidegger: a Critical Dialogue on Politics and Philosophy (en inglés). Rowman and Littlefield. ISBN 9781786611918.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/>
correspondente