Megasa S.A. | |
---|---|
Megasa, vista dende Neda | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1953 |
Matriz | Grupo Megasa |
Localización | Estrada de Castela, 802-820 Xuvia, Narón 15570 A Coruña Galicia |
Fundador | Bartolomé Freire Lago |
Industria | Metal |
Produtos | Siderurxia Metalurxia Ferro |
Beneficio | 135 596 853 € (2016)[1] |
Número de empregados | 200[2] (1.000 en todo o grupo) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Metalurgia Galaica, SA., coñecida polo seu acrónimo Megasa, é unha empresa galega siderometalúrxica situada no concello coruñés de Narón no barrio de Xuvia ao fondo da ría de Ferrol. Adícase á laminación de redondos para construción nun forno eléctrico empregando chatarra ou barras de aceiro. Ten unha capacidade de produción de tres millóns de toneladas.