Melancholia | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Melancholia |
Director | Lars von Trier |
Produtor | Meta Louise Foldager Louise Vesth |
Guión | Lars von Trier |
Intérpretes | Kirsten Dunst Charlotte Gainsbourg Kiefer Sutherland Alexander Skarsgård Brady Corbet Cameron Spurr Charlotte Rampling Jesper Christensen John Hurt Stellan Skarsgård Udo Kier |
Música | Richard Wagner |
Fotografía | Manuel Alberto Claro |
Montaxe | Molly Malene Stensgaard |
Estudio | Zentropa |
Distribuidora | Nordisk Film |
Estrea | 2011 |
Duración | 130 minutos |
Orixe | Dinamarca Francia |
Xénero | Drama, Ficción científica |
Orzamento | kr 52 500 000 |
Recadación | $15 946 321 |
Na rede | |
http://www.melancholiathemovie.com/ | |
Melancholia é un filme franco-dinamarqués dirixido por Lars von Trier que se estreou no 2011. O argumento xira en torno a dúas irmás durante e pouco despois da voda dunha delas, mentres que un planeta interestelar está a piques de colidir coa Terra. A inspiración inicial de Von Trier para o filme veu dun episodio de depresión que sufriu e a idea de que as persoas deprimidas permanecen pacíficas en eventos catastróficos. A rodaxe tivo lugar en Suecia.
Melancholia conta con música do preludio da ópera de Richard Wagner Tristan und Isolde (dende 1857 até 1859). É a segunda entrega na triloxía non oficial de Von Trier titulada "Depression Trilogy" (en galego Triloxía da Depresión), precedida por Antichrist e seguida por Nymphomaniac.[1]