Meshuggah | |
---|---|
Orixe | Umeå, Suecia |
Período | 1987 - presente |
Xénero(s) | metal extremo, metal experimental, metal progresivo |
Selo(s) discográfico(s) | Nuclear Blast, Fractured Transmitter |
Membros | Jens Kidman Fredrik Thordendal Tomas Haake Mårten Hagström Dick Lövgren |
Antigos membros | Niklas Lundgren Peter Nordin Gustaf Hielm |
Na rede | |
meshuggah.net | |
Meshuggah é unha banda sueca de metal extremo procedente de Umeå e fundada no ano 1987. A formación Meshuggah estivo composta principalmente polos seus fundadores, o vocalista Jens Kidman e o guitarrista Fredrik Thordendal, o batería Tomas Haake, que se xuntou a eles en 1990, e o guitarrista Mårten Hagström, chegado á banda en 1992. Polo grupo pasaron varios baixistas, estando ocupada esa posición na actualidade por Dick Lövgren dende 2004.
Meshuggah chamou a atención internacionalmente co seu álbum de 1995 Destroy Erase Improve, debido á súa fusión de death metal con tempos rápidos, thrash metal e metal progresivo con elementos de jazz fusion. Dende o seu traballo do ano 2002, Nothing, Meshuggah leva usando guitarras de 8 cordas coa afinación máis grave. Meshuggah fíxose coñecida polo seu estilo musical innovador e complexo, con estruturas de cancións con varios tempos e ritmos. O grupo foi considerado un dos 10 máis importantes conxuntos de hard rock e heavy metal pola revista Rolling Stone, e unha das bandas máis importantes de metal por Alternative Press. Meshuggah tivo algo de éxito entre o gran público ata a data, pero é sobre todo unha significativa banda dentro do underground da música extrema.