En todos os animais de simetría bilateral, o mesoderma é unha das tres capas xerminais primarias que se forman nas primeiras fases do desenvolvemento do embrión. As outras dúas capas son o ectoderma (capa externa) e o endoderma (capa interna), en tanto que o mesoderma é a capa intermedia.).[1][2] Os animais diblásticos (como cnidarios e ctenóforos) non teñen mesoderma.
O mesoderma diferénciase do resto do embrión por medio de sinalización intercelular, despois do cal é polarizado por un centro organizador.[3]
Comunmente divídese o mesoderma en paraxial, intermedio e lateral.