Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2011.) |
Metal alternativo | |
---|---|
Orixe musical | rock alternativo, heavy metal |
Orixe cultural | mediados-finais dos 80 nos Estados Unidos |
Instrumentos típicos | voz, guitarra, baixo e batería |
Metal alternativo é un subxénero do heavy metal que gañou popularidade a principios dos anos 90. As bandas deste xénero destacan polos seus pesados riffs de guitarra que tenden cara a experimentación, teñen letras pouco convencionais, tempos impares con máis contratempos que o metal normal, usa técnicas máis infrecuentes, afástase dos convencionalismos do heavy metal e incorpora un amplo rango de influencias fóra da escena musical do metal.