Micronutriente

Os micronutrientes[1], tamén denominados elementos traza, en bioquímica, son elementos químicos (ás veces tamén compostos) que, sendo esenciais para a vida, se necesitan en cantidades moi pequenas para o desenvolvemento e a fisioloxía dun organismo.[2]

Son substancias indispensábeis para os diferentes procesos metabólicos dos organismos vivos e sen eles poderían morrer.[3]

Desempeñan importantes funcións catalizadoras no metabolismo como cofactores enzimáticos, ao formaren parte da estrutura de numerosos enzimas (grupos prostéticos) ou ao acompañalas (coenzimas).

  1. "micronutriente". TERGAL. Consultado o 20/05/2019. 
  2. H. J. M. Bowen (1966): Trace Elements in Biochemistry. London/New York: Academic Press. ISBN 978-0-1212-0950-6.
  3. La evaluación de la inocuidad de los alimentos derivados de animales … Escrito pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura). p. 18.

Micronutriente

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne