Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Microondas (tamén designadas SHF- Super High Frequency) son ondas electromagnéticas con lonxitudes de onda maiores que os dos raios infravermellos, mais menores que a lonxitude de onda das ondas de radio. Esta magnitude varía, consoante os autores, de 30 cm (1 GHz de frecuencia) ata 1 cm (30 GHz de frecuencia).
Nota: enriba dos 300 GHz, a absorción da radiación electromagnética pola atmosfera da Terra é tan grande que esta é practicamente opaca para as frecuencias máis altas, ata que se torna novamente transparente na, así chamada, "fiestra" do infravermello ata a luz visíbel.