Microsporidios

Microsporidios

Esporoblasto de
Fibrillanosema crangonycis
Clasificación científica
Reino: (non clasificado):
Amorphea

(non clasificado):
Obazoa
(non clasificado): Opisthokonta
(non clasificado): Holomycota
(non clasificado):
Zoosporia
(non clasificado): Opisthosporidia

Filo: Microsporidia
Balbiani, 1882[1]
Clases e ordes

Ver texto.

Sinonimia
  • Microsporidiida Labbé, 1899
  • Microsporea Delphy, 1936 [1963], Levine et al., 1980[2][3]
  • Microsporidea Corliss & Levine, 1963[4]
  • Microspora Sprague, 1969, 1977[5]
  • Microsporida Tuzet et al. 1971

Os microsporidios (Microsporidia) son un grupo de parasitos unicelulares formadores de esporas relacionados cos fungos. Estas esporas conteñen un aparato extrusor que ten un extremo enroscado tubular polar nun disco de ancoraxe na parte apical da espora. [6] Tradicionalmente foran considerados protozoos ou protistas, pero agora sábese que son fungos,[7] ou un grupo irmán dos fungos.[8] Este tipo de fungos son parasitos eucariotas obrigados que usan un mecanismo exclusivo para infectar as células hóspedes. [9] Descubriuse recentemente que infectan coleópteros a grande escala, grazas a un estudo de 2017 de Cornell. Están nomeadas unhas 1500 das probablemente máis dun millón[10] de especies que se cre existen. Os Microsporidia están restrinxidos a hóspedes animais, e todos os grandes grupos de animais son hóspedes de microsporidios. A maioría infectan insectos, mais son tamén responsables de doenzas comúns en crustáceos e peixes. As especies con nome de microsporidios xeralmente infectan unha especie hóspede ou un grupo de taxons estreitamente relaconados. Aproximadamente o 10 % das especies son parasitas de vertebrados; varias especies, a maioría das cales son oportunistas, poden infectar humanos, nos cales poden causar microsporidiose.

Despois da infección inflúen nos seus hóspedes de varios xeitos e todos os órganos e tecidos son invadidos, aínda que xeralmente por diferentes especies de microsporidios. Algunhas especies son letais e unhas poucas utilízanse como un control biolóxico contra pragas de insectos. A castración parasítica, o xigantismo ou o cambio de sexo do hóspede son todos efectos posibles do parasitismo dos microsporidios nos insectos. Nos casos máis avanzados de parasitismo o microsporidio toma o mando da célula hóspede completamente e controla o seu metabolismo e reprodución, formando un complexo xenoparasítico (tamén chamado xenoma -/ksenoma/-).[11]

A replicación ten lugar dentro da célula hóspede, que é infectada por medio de esporas unicelulares. Os microsporidios que infectan mamíferos miden de 1,0–4,0 μm.[12] Ademais do seu pequeno tamaño, tamén teñen os tamaños xenómicos eucarióticos máis pequenos.

O termo "microsporidio" é o nome vernáculo, mentres que Microsporidia é o nome do taxon (agora con categoría de filo). O nome Microsporidium Balbiani, 1884[13] tamén se usa ás veces como nome de xénero xeral multifuncional para os membros considerados incertae sedis.[14]

Xenoma (=complexo xenoparasítico) nun peixe plano causado por Glugea stephani
  1. Balbiani, G (1882). "Sur les microsporidies ou psorospermies des Articulés". C. R. Acad. Sci. 95: 1168–71. 
  2. Delphy, J. 1936. Sous-règne des Protozoaires. In: Perrier, R. (ed.). La Faune de la France en tableaux synoptiques illustrés, vol 1A. Delagrave: París.
  3. Levine, N. D.; et al. (1980). "A Newly Revised Classification of the Protozoa". The Journal of Protozoology 27 (1): 37–58. PMID 6989987. doi:10.1111/j.1550-7408.1980.tb04228.x. 
  4. Corliss JO, Levine ND (1963). "Establishment of the Microsporidea as a new class in the protozoan subphylum Cnidospora". The Journal of Protozoology 10 (Suppl): 26–27. doi:10.1111/jeu.1963.10.issue-s3. 
  5. Sprague, V. (1977). Classification and phylogeny of the Microsporidia. In: Comparative pathobiology. vol. 2, Systematics of the Microsporidia. Lee A. Bulla & Thomas C. Cheng (ed.). pp. 1-30. New York: Plenum Press, [1].
  6. Franzen, C. (2005). How do Microsporidia invade cells?. Folia Parasitologica, 52(1-2), 36-40. doi.org/10.14411/fp.2005.005
  7. Hibbett, D.S.; et al. (2007). "A higher level phylogenetic classification of the Fungi" (PDF). Mycological Research 111 (5): 509–47. PMID 17572334. doi:10.1016/j.mycres.2007.03.004. 
  8. Silar, Philippe (2016). Protistes Eucaryotes : Origine, Evolution et Biologie des Microbes Eucaryotes. HAL. p. 462. ISBN 978-2-9555841-0-1. 
  9. Franzen, C. (2005). How do Microsporidia invade cells?. Folia Parasitologica, 52(1-2), 36-40. doi.org/10.14411/fp.2005.005
  10. Hawksworth, David (2001). "The magnitude of fungal diversity: The 1.5 million spices estimate revisited". Mycological Research 105 (12): 1422. doi:10.1017/S0953756201004725. 
  11. Ronny Larsson, Lund University (Department of Cell and Organism Biology) Cytology and taxonomy of the microsporidia Arquivado 2009-09-12 en Wayback Machine. 2004.
  12. Didier, ES. (Apr 2005). "Microsporidiosis: an emerging and opportunistic infection in humans and animals". Acta Trop 94 (1): 61–76. PMID 15777637. doi:10.1016/j.actatropica.2005.01.010. 
  13. Balbiani, G. 1884. Les Psorospermies des Articulés ou Microsporidies, pp. 150-168, 184. In: Leçons sur les sporozoaires. París: Doin, [2].
  14. Hoffman, G. (1999). Parasites of North American Freshwater Fishes, 2nd edn, University of California Press, Berkeley, California, USA, p. 89, [3].

Microsporidios

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne