Momia

Momia inca de Llullaillaco.
Momia nun sarcófago de madeira.

Unha momia é un corpo dunha persoa ou dun animal, que non esta en estado de descomposición, cuxa pel e órganos foron preservados intencionadamente (por embalsamamento) ou accidentalmente (pola exposición a produtos químicos, frío extremo (momias de xeo), humidade moi baixa etc.)

Actualmente, o cadáver humano máis antigo momificado de forma natural foi encontrado no ano 1936. Trátase dunha cabeza decapitada, datada cuns 6.000 anos de antigüidade.[1] Máis dun millón de momias de animais atopáronse en Exipto, moitas das cales son gatos.[2]

As momias máis famosas son as exipcias, destacando as dos faraóns, Tutankhamon, Seti I e Ramsés II, aínda que a primeira momia exipcia coñecida é a chamada de "Ginger" e remóntase ao ano 3300 a.C.

Ademais das momias coñecidas do Antigo Exipto, a momificación intencionada era unha característica de varias culturas antigas nas zonas de América do Sur e Asia, que teñen climas moi secos. A momia máis antiga coñecida dunha momificación intencionada é a dun neno, esta é unha das momias da cultura Chinchorro que se atopa no Val de Camarones, Chile, e data de ao redor de 5050 a.C.[3]

Atopáronse momias humanas e doutros animais en todo o mundo, tanto como resultado da preservación natural a través de circunstancias pouco comúns, como polo uso de artefactos culturais para preservar os mortos; por exemplo, hai máis de 1.000 momias preservadas polo clima seco en Xinjiang na China, e máis dun millón de momias de animais foron encontradas no Exipto, moitas das cales son de gatos.[4]

  1. archaeometry.org (ed.). "Andean Head Dated 6,000 Years Old". Consultado o 20-10-2012. 
  2. news.nationalgeographic.com (ed.). "Egyptian Animals Were Mummified Same Way as Humans" (en inglés). Consultado o 31/03/2013. 
  3. Bartkusa, Luke; Amarasiriwardena, Dulasiri, Arriaza, Bernardo, Bellis, David, Yañez, Jorge (2011). "Exploring lead exposure in ancient Chilean mummies using a single strand of hair by laser ablation-inductively coupled plasma-mass spectrometry (LA-ICP-MS)". Microchemical Journal (en inglés) 98 (2): 267–274. ISSN 0026-265X. doi:10.1016/j.microc.2011.02.008. 
  4. news.nationalgeographic.com (ed.). "Egyptian Animals Were Mummified Same Way as Humans". Consultado o 20-10-2012. 

Momia

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne