Monotremos ou monotremados Monotremata Rango fósil: Xurásico inferior[1] – Holoceno | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Equidna de fociño curto | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Subordes, Familias e Xéneros actuais | |||||||||||||||||||||
|
Os monotremos,[2] ou monotremados,[3] é unha orde de mamíferos, a única da subclase dos prototerios.[4] os únicos con reprodución ovípara. Están moi pouco estendidos, tan só nalgunhas zonas do continente de Oceanía, en Australia, Papúa-Nova Guinea e Tasmania.
A orde inclúe as especies actuais de mamíferos máis primitivas, que teñen diversas características reptilianas, como a reprodución ovípara (son os únicos mamíferos que poñen ovos), e a presenza de cloaca, orificio onde conflúen os tractos dixestivo, urinario e reprodutor; o seu nome fai referencia a esta característica e significa "un só orificio". Existen poucas especies de monotremos; entre elas, son ben coñecidos o ornitorrinco e os equidnas.
Inclúense nos mamíferos debido a que as crías son aleitados, por medio dunhas glándulas mamarias parecidas ás sudoríparas, entre outras características propias deste tipo de animais: gran presenza de pelo, sangue quente etc.
Durante moito tempo, os monotremos estiveron clasificados como un grupo de réptiles cubertos de pelo, até que despois de 200 anos identificáronse inequivocamente como mamíferos, pois neles se encontran todas as características que definen a clase: