Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Poio, España, Pontevedra, España, Barro, España e Meis, España | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 613 m | |||
O Monte Castrove é un monte galego situado na comarca de Pontevedra, que serve de límite administrativo entre os concellos de Barro, Meis, Pontevedra e Poio. Ten unha elevación de 613 metros sobre o nivel do mar dominando o interior da ría de Pontevedra.
No seu cumio están instaladas antenas de comunicacións. As súas abas están ocupadas por masas forestais de repoboación de eucalipto. Nas súas ladeiras existe un campo de golf, así como o bosque de sequoias de Poio e restos de petróglifos.[1]