N-532 Estrada Verín - Portugal | |
---|---|
Fronteira da N-532 con Portugal | |
Tipoloxía | estrada convencional |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | 15 km |
Localización | |
Inicio | N-525 Verín |
Fin | Portugal |
Circulación | |
Velocidade máxima | 100 km/h |
A N-532 ou Estrada Nacional 532 Verín - Portugal é unha vía terrestre con titularidade do Ministerio de Fomento de España que comunica Verín coa fronteira portuguesa. Ten o seu quilómetro cero na vila de Verín, no cruzamento coa N-525. Trátase dunha estrada convencional cun único carril en cada sentido da circulación. Foi creada en 1988 tomando o trazado da antiga C-532[1] e forma parte da ruta europea E-801.
Desde 2010 debía deixar de ser o acceso principal a Portugal coa entrada en servizo da A-75[2], que conecta a A-52 coa Raia en Feces de Abaixo, habendo unha autoestrada portuguesa que lle dá continuidade baixo a denominación A24, do mesmo xeito que a propia N-532 coa N-103-5. Porén, o incremento no número de peaxes nas vías de alta capacidade de Portugal, que incluíu a A24, provocou que moitos condutores seguisen a empregar a vella estrada e, por defecto, continuar pola homóloga en Galiza.[3]