N-551 Acceso a Tui | |
---|---|
![]() A vella ponte internacional, punto final da N-551 | |
Tipoloxía | Estrada convencional |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | 2,22 km |
Localización | |
Inicio | A-55 Tui |
Fin | Ponte Vella Internacional Tui-Valença |
A N-551 é unha estrada nacional convencional que conecta as pontes internacionais da A-55 e a de Tui-Valença, tendo na vila de Tui un cruzamento coa N-550 que a une, asemade, co resto da rede estatal.[1][2]
Foi creada en 1988 tomando o tramos da C-550 entre a nova ponte internacional da A-55 e a N-550 e o comprendido entre esta última e a ponte vella internacional entre Tui e Valença[3].
En 2004 o pleno municipal de Tui acordou solicitar ao Goberno de España a transferencia desta vía, que transcorre na súa totalidade dentro dos lindeiros do concello, porén esta demanda non chegou a prosperar.[4]