N-552 Estrada Redondela-Vigo Acceso ao porto de Vigo | |
---|---|
N-552 en Redondela | |
Tipoloxía | Estrada convencional |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Lonxitude | 9,72 km |
Localización | |
Inicio | N-550 Redondela |
Fin | Vigo |
A N-552 é unha estrada nacional convencional que conecta a N-550 (da que formou parte até 1988[1]), na altura da vila de Redondela, coa cidade de Vigo.[2][3] Nos seus 9,72 quilómetros de percorrido ten varias conexións coa AP-9, de trazado paralelo desde a ponte de Rande até o barrio de Teis.
Trátase dunha estrada cunhas marxes moi urbanizadas, o que supuxo que se construísen diversas rotondas ao longo do seu traxecto para mellorar a súa conectividade ademais da seguridade viaria.[4][5]