A cor negra ou moura dáse nun obxecto que absorbe a luz en todas as súas lonxitudes de onda. Isto provoca que teña ausencia de cor, aínda que comunmente se fala de cor negra. O termo portugués preto tamén foi empregado en Galiza coma sinónimo de negro; Martín Sarmiento dicía: Os feyxons pretos (referíndose aos feixóns): Del griego latino phaseolo se formó el gallego feyxôo, y son los que llaman fesóles, y son las alubias negras o pintadas de negro[1].