Neofascismo é unha ideoloxía xurdida despois da segunda guerra mundial a cal inclúe elementos significativos do fascismo. O termo neofascista pode ser aplicado a grupos que expresen unha admiración específica por Benito Mussolini e pola Italia fascista. O neofascismo xeralmente inclúe nacionalismo, nativismo, anticomunismo e oposición ó sistema parlamentarista e á democracia liberal. A alegación de que un grupo sexa neofascista pode ser calorosamente contestada, particularmente se o termo foi usado como un epíteto político. Algúns réximes posteriores á segunda guerra mundial foron descritos como neofascistas por mor da súa natureza autoritaria, e, ás veces, pola súa fascinación pola ideoloxía e rituais fascistas.
A tradición de réximes populistas e autoritarios da América Latina que deron orixe ós caudillos do século XIX e comezos do século XX, e varias xuntas militares que tomaron o poder durante a Guerra fría crearon condicións favorábeis para o xurdimento de grupos e mesmo de gobernos aliñados con algúns ou varios puntos do ideario fascista. A maioría das xuntas constituíronse como ditaduras militares tradicionais, e algúns destes réximes (como o arxentino), deron gorida a ex-nazis tales como Adolf Eichmann e apoiaron movementos neofascistas (como a Alianza Anticomunista Arxentina).[1]