Neurotoxina

Poden encontrarse neurotoxinas en moitos organismos, incluíndo algunhas cepas de cianobacterias,[1] que se poden atopar nas floracións de algas ou son levadas á costa formando unha escuma verde.[2]

As neurotoxinas son toxinas que causan graves danos que levan á destrución do tecido nervioso, polo que causan neurotoxicidade.[3] As neurotoxinas son un amplo conxunto de compostos químicos exóxenos neuroloxicamente nocivos[4] que poden afectar a función do sistema nervioso en desenvolvemento ou maduro.[5] O termo pode tamén utilizarse para clasificar certos compostos endóxenos, os cales, cando están presentes en cantidades anoemais, poden ser neuroloxicamente tóxicos.[4] Aínda que as neurotoxinas adoitan ser neuroloxicamente destrutuivas, a súa capacidade de afectar especificamente compoñentes neurais é importante no estudo dos sistemas nerviosos.[6] Exemplos comúns de neurotoxinas son o chumbo,[7] etanol (alcohol etílico das bebidas alcohólicas),[8] glutamato,[9] óxido nítrico,[10] toxina botúlica (compoñente activo do Botox),[11] toxina tetánica,[12] e tetrodotoxina.[6] Algunhas substancias como o óxido nítrico e o glutamato son, en realidade, esenciais para o correcto funcionamento do corpo e só exercen efectos neurotóxicos a concentracións excesivas.

As neurotoxinas inhiben o control das neuronas sobre as concentacións dos ións e o seu paso a través da membrana plasmática,[6] ou a comunicación entre as neuronas na sinapse.[13] A patoloxía local da exposición a unha neurotoxina adoita presentar excitotoxicidade neuronal ou apoptose,[14] pero pode tamén incluír danos nas células gliais.[15] As manifestacións macroscópicas da exposición a neurotoxinas poden ser danos estendidos polo sistema nervioso central causantes de discapacidade intelectual,[5] trastornos persistentes da memoria,[16] epilepsia e demencia.[17] Ademais, os danos no sistema nervioso periférico causados polas neurotoxinas, como as neuropatías ou miopatías son comúns. Existen diversos tratamentos que serven para atenuar os danos causados polas neurotoxinas, como a administración de antioxidantes[8] ou antitoxinas.[18]

  1. Sivonen, K (1999). "Toxins produced by cyanobacteria". Vesitalous 5: 11–18. 
  2. Scottish Government Blue-Green Algae (Cyanobacteria) in Inland Waters: Assessment and Control of Risks to Public Health Retrieved 15 December 2011.
  3. Dorland's Medical Dictionary for Health Consumers
  4. 4,0 4,1 Spencer 2000
  5. 5,0 5,1 Olney 2002
  6. 6,0 6,1 6,2 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Kiernan2005
  7. Lidsky 2003
  8. 8,0 8,1 Heaton; Barrow, Marieta; Mitchell, J. Jean; Paiva, Michael (2000). "Amelioration of Ethanol-Induced Neurotoxicity in the Neonatal Rat Central Nervous System by Antioxidant Therapy". Alcoholism: Clinical and Experimental Research 24 (4): 512–18. doi:10.1111/j.1530-0277.2000.tb02019.x. 
  9. Choi 1987
  10. Zhang 1994
  11. Rosales, Raymond L.; Arimura, Kimiyoshi; Takenaga, Satoshi; Osame, Mitsuhiro (1996). "Extrafusal and Intrafusal Muscle Effects in Experimental Botulinum Toxin-A Injection". Muscle & Nerve 19 (4): 488–96. doi:10.1002/(sici)1097-4598(199604)19:4<488::aid-mus9>3.0.co;2-8. 
  12. Simpson 1986
  13. Arnon 2001
  14. Dikranian 2001
  15. Deng 2003
  16. Jevtovic-Todorovic 2003
  17. Nadler 1978
  18. Thyagarajan 2009

Neurotoxina

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne