Noam Chomsky |
|
Nacemento | (en) Avram Noam Chomsky 7 de decembro de 1928 (96 anos) East Oak Lane, Estados Unidos de América |
---|
|
Catedrático |
---|
1955 – |
|
|
Residencia | Lexington (pt) (1965–) Allston (en) (1951–1965) East Oak Lane Tucson |
---|
Grupo étnico | Asquenací |
---|
Ideoloxía política | Anarcosindicalismo, socialismo libertario e antimilitarismo |
---|
Relixión | Agnosticismo |
---|
Educación | Universidade Harvard - lingüística (1951–1955) Universidade de Pensilvania - mestría en artes (1949–1951) Universidade de Pensilvania - grao en Artes (1945–1949) Central High School (en) (–1945) Oak Lane Day School (en) Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
---|
|
Campo de traballo | Lingüística, filosofía da linguaxe, psicoloxía, gramática xenerativa, teoría da comunicación, ciencia cognitiva, Filosofía da mente, Ética e política |
---|
Lugar de traballo | Pensilvania Tucson Cambridge Massachusetts |
---|
Ocupación | filósofo, media critic (en) , educador, escritor, informático teórico, xornalista de opinión, historiador, Activista polos dereitos humanos, psicólogo, lingüista, antropólogo, escritor político, profesor universitario, filólogo |
---|
Período de tempo | Filosofía contemporánea |
---|
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, catedrático (1955–2002) |
---|
Membro de | |
---|
Movemento | Ateísmo, Nova Esquerda (pt) , movemento antibélico e Anarcosindicalismo |
---|
Profesores | Zellig Harris (pt) , Nelson Goodman e Roman Jakobson |
---|
|
|
25 de maio de 2023 | International endorsement letter. Barcelona leads the way (en) |
18 de maio de 2019 | Carta aberta aos vizinhos e vizinhas de Barcelona em apoio a Ada Colau (pt) |
maio de 2015 | Manifesto de apoio a Barcelona en Comú |
|
|
Obras destacables |
Doutorando | Barbara Partee (pt) , Tania Reinhart, John R. Ross (en) , Ray Jackendoff, Mark Baker (en) , Howard Lasnik (en) , Alec Marantz (pt) , David Pesetsky (en) , Janet Dean Fodor (pt) , Joan Bresnan (pt) , Robert C. Berwick, Charles Yang (en) , S.-Y. Kuroda (en) , Tom Wasow (pt) , Leonard Harold Haines (en) , Ivan Andrew Sag (en) , Amy Sara Weinberg (en) , Ken Hiraiwa (en) , Anoop K. Mahajan (en) , James D. McCawley (pt) e Mario Montalbetti |
---|
Arquivos en | |
---|
|
Cónxuxe | Valéria Wasserman Chomsky (2014–) Carol Chomsky (1949–2008), morte do cónxuxe |
---|
Fillos | Aviva Chomsky () Carol Chomsky |
---|
Pai | William Chomsky |
---|
Parentes | Judith Chomsky, brother's wife |
---|
|
|
1975 | Debate Chomsky-Piaget (pt)
|
|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хомский Ноам) Encyclopedia of Global Justice (2011 ed.) (en) , (sec:Chomsky, Noam) Enciclopedia soviética armenia |
---|
Sitio web | chomsky.info |
---|
|
Avram Noam Chomsky, nado en Filadelfia, Pensilvania, o 7 de decembro de 1928 é un lingüista, filósofo, activista estadounidense, reverenciado nos círculos académicos como "o pai da lingüística moderna".[1][2] Así mesmo tamén é unha das figuras máis recoñecidas no campo da filosofía analítica.[3] Foi profesor emérito de lingüística no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e unha das figuras máis destacadas da lingüística do século XX, grazas aos seus traballos en teoría lingüística e ciencia cognitiva. É, así mesmo, recoñecido polo seu activismo político, caracterizado por unha forte crítica do capitalismo contemporáneo e da política exterior dos Estados Unidos. Definiuse politicamente a si mesmo como un anarquista[4][5] ou socialista libertario.[6] Foi sinalado polo New York Times como "o máis importante dos pensadores contemporáneos".[7] A nova do seu posíbel pasamento o 18 de xuño de 2024 en São Paulo, Brasil foi tendencia na rede social Twitter e outros medios, e desmendida no mesmo día.[8][9]
Propuxo a gramática xenerativa, disciplina que situou a sintaxe no centro da investigación lingüística. Con esta cambiou a perspectiva, os programas e métodos de investigación no estudo da linguaxe. A súa lingüística é unha teoría da adquisición individual da linguaxe e intenta ser unha explicación das estruturas e principios máis profundos da linguaxe. Postulou un aspecto ben definido de innatismo á mantenta da adquisición da linguaxe e a autonomía da gramática (sobre os outros sistemas cognitivos), así como a existencia dun «órgano da linguaxe» e dunha gramática universal. Opúxose con dureza ao empirismo filosófico e científico e ao funcionalismo, en favor do racionalismo cartesiano. Todas estas ideas chocaban frontalmente coas sostidas tradicionalmente polas ciencias humanas, o que concitou múltiples adhesións, críticas e polémicas que o acabaron convertendo nun dos autores máis citados.[10]
Destaca a súa contribución ao establecemento das ciencias cognitivas a partir da súa crítica do condutismo de Skinner e das gramáticas de estados finitos, que puxo en cuestión o método baseado no comportamento do estudo da mente e a linguaxe que dominaba nos anos cincuenta. O seu enfoque naturalista no estudo da linguaxe influenciou a filosofía da linguaxe e da mente (ver a Harman e a Fodor). É o creador da xerarquía de Chomsky, unha clasificación de linguaxes formais de grande importancia en teoría da computación.
É tamén coñecido polo seu activismo político e polas súas críticas á política exterior dos Estados Unidos e doutros países, como Israel. Chomsky, que desvincula completamente a súa actividade científica do seu activismo político, descríbese así mesmo simpatizante do anarcosindicalismo (é membro do sindicato IWW) habendo tamén quen o asocia ao anarco comunismo ou ao comunismo de consellos.[11][12][13] Chomsky é considerado unha figura influente no seu país de orixe e no mundo.
- ↑ Fox, Margalit (decembro 5, 1998). New York Times, ed. "A Changed Noam Chomsky Simplifies" (en inglés). Consultado o 27 de novembro do 2015.
Mr. Chomsky...is the father of modern linguistics and remains the field's most influential practitioner.
- ↑ Thomas Tymoczko, Jim Henle, James M. Henle, Sweet Reason: A Field Guide to Modern Logic, Birkhäuser, 2000, p. 101.
- ↑ "Noam Chomsky" Arquivado 13 de febreiro de 2015 en Wayback Machine., by Zoltán Gendler Szabó, in Dictionary of Modern American Philosophers, 1860–1960, ed. Ernest Lepore (2004). "Chomsky's intellectual life had been divided between his work in linguistics and his political activism, philosophy coming as a distant third. Nonetheless, his influence among analytic philosophers has been enormous because of three factors. First, Chomsky contributed substantially to a major methodological shift in the human sciences, turning away from the prevailing empiricism of the middle of the twentieth century: behaviorism in psychology, structuralism in linguistics and positivism in philosophy. Second, his groundbreaking books on syntax (Chomsky (1957, 1965)) laid a conceptual foundation for a new, cognitivist approach to linguistics and provided philosophers with a new framework for thinking about human language and the mind. And finally, he has persistently defended his views against all takers, engaging in important debates with many of the major figures in analytic philosophy..."
- ↑ Noam Chomsky, Chomsky on Anarchism (2005), AK Press, pg. 5
- ↑ Barsky, Robert F. (2005). "1: A "Literary Political Salon"". Noam Chomsky: A Life of Dissent (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2009. Consultado o 28 de maio de 2020. (en inglés)
- ↑ Edgley, Alison (1999). "Chomsky's Libertarian Socialism" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27/06/2009. Consultado o 31/10/2013.
- ↑ The Chomsky Problem (en inglés). The New York Times (25-2-1979).
- ↑ "Fálase de Morre aos 95 ano...". Praza Pública. 2024-06-18. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2024. Consultado o 2024-06-18.
- ↑ O seu pasamento foi sinalado por coautores de libros seus, como Ignacio Ramonet na rede social X.com, e desmentido por un verificador de ABC News, que afirmou ter falado coa súa dona Valéria, e outros medios [ https://www.tercerainformacion.es/articulo/internacional/18/06/2024/desmienten-la-muerte-del-filosofo-noam-chomsky/ ]
- ↑ Sáenz, Mauricio (decembro de 2006). "Noam Chomsky". Arcadia (en español) (15). Consultado o 13 de xuño de 2011. , citando a Barsky, Robert F (2005). Noam Chomsky, una vida de discrepancia (en castelán). Península. ISBN 9788483076767.
- ↑ Chomsky on Anarchism by Noam Chomsky (resenha). Por Richard Alexander.
- ↑ Vídeo: On Anarchism. Conferência de Noam Chomsky no MIT.
- ↑ The relevance of anarcho-syndicalism: Noam Chomsky interviewed by Peter Jay libcom.org