Normativa reintegracionista do galego

A normativa reintegracionista do galego, tamén chamada lusista[1] ou internacional,[2] é unha normativa ortográfica e morfolóxica para o galego que carece do criterio de autoridade que só ten a Real Academia Galega para as cuestións relativas á normativa da lingua galega. Neste caso, a proposta considérase converxente co galego medieval e coa usada no portugués de Portugal e no portugués do Brasil. O movemento que a promove e sustenta é coñecido como reintegracionismo, dentro do que destaca o labor da AGAL e da súa Comissom Lingüística en materia de normativización.

Esta normativa naceu en 1983 coa publicación do Estudo Crítico, obra en que a AGAL analizaba as NOMIG creadas pola RAG e o ILG, estabelecendo ao tempo a súa propia norma. Na actualidade, despois de actualizacións derivadas do Acordo Ortográfico de 1990 da lingua portuguesa, a normativa está condensada na obra Ortografia Galega Moderna confluente com o Português no mundo.[3]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lusismo.
  2. "AGAL priorizará “galego internacional” para definir o seu modelo de língua" Arquivado 27 de marzo de 2020 en Wayback Machine. PGL, 12 de decembro de 2017
  3. "Ortografia galega moderna: confluente com o português no mundo" PGL, 13 de febreiro de 2017

Normativa reintegracionista do galego

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne