New York (en) | |||||
Alcume | Big Apple e The City That Never Sleeps | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Xacobe II de Inglaterra | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nova York | ||||
Capital de | Estados Unidos de América (1785–1790) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.804.190 (2020) (7.255,98 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 3.191.691 (2020) | ||||
Xentilicio | Neoiorquino, Neoiorquina | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Região Metropolitana de Nova Iorque (pt) (Poboación:20.140.470) | ||||
Superficie | 1.213,369839 km² | ||||
Auga | 35,3995 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Río Hudson, Rio East (pt) , Rio Bronx (pt) , Rio Harlem (pt) , Long Island Sound, Océano Atlántico, Upper New York Bay (pt) e Lower New York Bay (pt) | ||||
Altitude | 25 m | ||||
Punto máis alto | Todt Hill (pt) | ||||
Comparte fronteira con | Condado de Westchester Condado de Nassau (pt) Condado de Hudson (pt) Condado de Union (pt) Condado de Bergen (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Cronoloxía | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Eric Adams (pt) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Conselho da Cidade de Nova Iorque (pt) , (Escano: 51) | ||||
PIB nominal | 886.000.000.000 $ (2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 10000–10499, 11004–11005, 11100–11499 e 11600–11699 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 212, 347, 646, 718, 917 e 929 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | nyc.gov | ||||
Nova York[1] (en inglés: New York; /njuːˈjɔɹk/ (axuda · info)) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Ámsterdan, que pasou logo a mans inglesas.
Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos de América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México). De feito, apenas dez Estados americanos (non incluíndo nesta lista o Estado de Nova York) posúen máis habitantes do que a cidade de Nova York. Desde a súa fundación en 1625, Nova York ten sido un dos principais destinos de inmigrantes que, chegados de todas as partes do mundo, fixeron dela unha cidade altamente cosmopolita, e unha das máis diversificadas etnicamente do mundo.
As empresas financeiras e comerciais que operan na cidade desempeñan un papel primario na economía dos Estados Unidos e do mundo. Os bancos e as bolsas de valores instaladas na cidade axudan a financiar a maioría das empresas americanas. Nova York é unha cidade que non para no tempo. Varias empresas, centros comerciais e outros estabelecementos, ben como o seu sistema de transporte público (bus e metro) operan 24 horas por día, 7 días por semana. É por iso que ás veces se describe como The City That Never Sleeps ("A cidade que nunca dorme").
Porén, Nova York, como todas as grandes metrópoles mundiais, enfróntase a enormes problemas de cuño socioeconómico. Preto dun millón de habitantes reciben algún tipo de axuda social, e ducias de millares de familias viven en guetos espallados pola cidade. Moitas persoas, os "sen teito", vense obrigadas a viviren na rúa. A contaminación, a criminalidade, os conflitos raciais e o alto custo de vida son problemas que fan parte de Nova York, forzando moitas persoas a abandonaren a cidade, e migraren para os arrabaldes ou outras rexións do país.
Malia os seus problemas, Nova York continúa a ser considerada unha das cidades máis interesantes e fascinantes dos Estados Unidos, senón do mundo, atraendo máis turistas do que calquera outra cidade americana, sexan turistas norteamericanos ou internacionais.