O cazador de papaventos

O cazador de papaventos
Título orixinalThe Kite Runner
Autor/aKhaled Hosseini
CubertaHoni Werner
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Tema(s)Afganistán, amizade, clase social, Pobo hazara, Culpa, Cabul, Talibán, abuso sexual infantil e Migración humana
Xénero(s)Novela
Editorial Riverhead Books
Data de pub. 29 de maio de 2003
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas372
ISBNISBN 1-57322-245-3
Seguido porUn milleiro de soles espléndidos
Primeira edición galega
TraduciónMaría Pardo Vuelta
EditorialEdiciones El Andén
Data de pub.febreiro de 2008
Páxinas432
ISBNISBN 978-84-96929-70-8
editar datos en Wikidata ]

O cazador de papaventos[1] (en inglés: The Kite Runner) é a primeira novela do escritor afgán Khaled Hosseini.[2] Publicada en 2003 por Riverhead Books, conta a historia de Amir, un rapaz do distrito Wazir Akbar Khan de Cabul, cuxo mellor amigo é Hassan. A historia está ambientada nun contexto de conflitos e eventos tumultuosos, dende a caída da monarquía de Afganistán por mor da intervención militar soviética, o éxodo de refuxiados cara a Paquistán e os Estados Unidos, e o alzamento do réxime talibán.

Segundo Hosseini, O cazador de papaventos é unha historia da relación entre un pai e o seu fillo que enfatiza os aspectos familiares da narrativa, un elemento que continuou a empregar nos seus traballos posteriores.[3] Os temas da culpa e da redención ocupan un lugar salientable na novela,[4] cunha escena fundamental que amosa un acto de violencia contra Hassan que Amir non pode deter. A segunda metade do libro céntrase nos intentos de Amir de expiar esta transgresión rescatando o fillo de Hassan, máis de dúas décadas despois do suceso.

O cazador de papaventos converteuse nun dos mellor vendidos despois de ser impreso en formato de peto e popularizouse en clubs de lectura. Durante dous anos, foi o libro número un entre os mellor vendidos segundo The New York Times,[5] con máis de sete millóns de copias vendidas nos Estados Unidos de América.[6] As críticas foron polo xeral positivas, aínda que algunhas partes do argumento xeraron unha significativa controversia en Afganistán.[7] Logo da publicación creáronse numerosas adaptacións da obra, incluíndo o filme de 2007 The Kite Runner, representacións teatrais e unha novela gráfica.

Foi traducido ó galego por María Pardo Vuelta e foi publicado por Ediciones El Andén no 2008.[1]

  1. 1,0 1,1 O cazador de papaventos. Traducido por María Pardo Vuelta (1ª ed.). Barcelona: Edicións Xerais. 2008. ISBN 9788496929708 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Noor, R.; Hosseini, Khaled (setembro-decembro de 2004). "The Kite Runner". World Literature Today 78 (3/4): 148. doi:10.2307/40158636. 
  3. Book Browse, ed. (2007). "An interview with Khaled Hosseini". Consultado o 31 de xullo de 2013. 
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Guthmann
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Italie
  6. NPR, ed. (19 de maio de 2013). "Siblings' Separation Haunts In 'Kite Runner' Author's Latest". Consultado o 3 de agosto de 2013. 
  7. Haviland, Charles (18 de setembro de 2007). "Kite Runner flies into controversy". BBC News, Cabul. Consultado o 11 de maio de 2018. 

O cazador de papaventos

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne