Odontoforinos Odontophorinae Rango fósil: oligoceno-actualidade 33,9 - 0 Ma [1] | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina de Odontophorus columbianus, na obra de John Gould A monograph of the Odontophorinæ... etc. | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
A dos odontoforinos (Odontophorinae) é unha subfamilia de aves da orde dos galiformes, unha das dúas en que se subdivide actualmente a familia dos odontofóridos, que agrupa a maioría das súas especies, coñecidas como paspallases do Novo Mundo.
Conta con 32 especies de pequeno tamaño e aspecto é hábitos semellantes aos dos paspallases, propias de América,[2] onde se distribúen desde os Estados Unidos até a Arxentina, e viven en bosques tropicais, subtropicais e temperados, así como en áreas de matogueiras, sabanas e terras de cultivo, desde o nivel do mar até os 3 300 m de altitude, e son coñecidas vulgarmente, na bibliografía internacional, como paspallases americanos ou paspallases do Novo Mundo (aínda que non están relacionados filoxeneticamnte cos paspallases do Vello Mundo (do xénero Coturnix).
As outras dúas especies integradas na fanilia, pertencentes ao xénero Ptilopachus, son de distribución africana e tradicionalmente foron situadas na familia dos fasiánidos, pero agora sábese, por análises xenéticas, que estás máis relacionados cos paspallases do Novo Mundo.[3][4]
Recentemente (2013) este xénero foi reclasificado por Bowie et al. dentro da familia dos odontofóridos, creando para el unha nova subfamilia, a dos ptilopaquinos (Ptilopachinae), diferenciada da dos odontoforinos.[5]