Orbital

Orbitais en química

Un orbital é a zona do espazo onde se move un electrón "arredor" dun átomo. A idea de orbital naceu coa Mecánica cuántica a partir da de órbita preconizada por Bohr e posteriormente por Sommerfeld.

O termo "orbital atómico" úsase polo menos en dous sentidos en química cuántica:

  1. No tratamento mecanocuántico dos átomos, as funcións de ondas monoelectrónicas que se obteñen como solución da ecuación de Schrödinger chámanse orbitais atómicos.
  2. No tratamento mecanocuántico das moléculas, xeralmente é necesario expresar as solucións con combinación lineal de funcións monoelectrónicas centradas nos núcleos atómicos dos átomos constituíntes da molécula. Estas funcións chámanse "orbitais atómicos" aínda que non sexan solucións da ecuación de Schrödinger para eses átomos (se se tomasen isoladamente). Este método recibe o nome de orbitais moleculares por combinación lineal de orbitais atómicos (método OM-CLOA).

Os orbitais usados no método OM-CLOA usualmente decrecen exponencialmente a partir do centro atómico (compoñente radial na forma r=e-kx), e reciben o nome de orbitais de tipo Slater, ou ben decrecen como unha campá de Gauss (compoñente radial na forma r=e-kx²), e entón chámanse orbitais gaussianos, aínda que se usaron outras formas dos orbitais de tipo s, p, d, f).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Orbital

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne